A I Xornada NOSO AMBIENTE, unha festa chea de comúns, música e posibilidades

Este venres 13 de 18:00 a 23:00 horas terá lugar no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán a I Xornada NOSO AMBIENTE,  co-organizada por Cooperativa Galiza Imaxinaria , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida, Alg-a Lab , e Truequelandia.

Estas xornadas xurden en torno á necesidade de debatir, pensar e vivir o medioambiente e a súa sustentabilidade, situando como un dos nosos comúns, de aquelo que é de todxs é a vez de ninguén. O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

cartel xornada

O horario da Xornada é o seguinte:

18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes.
A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.

* Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto.
*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña, autora de “Tesouro de Corcoesto”.

*Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta) e Louis Vasquez Vargas (Flauta).
*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.
Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1419346888361709/

Escribe un comentario

Your email address will not be published.