• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

A multifuncionalidade do monte veciñal en mancomún.

Ate hai uns 50 anos as persoas que vivían no rural estaban moi ligadas ao monte, casi como por un cordón umbilical. Do monte extraíanse cantidade de recursos para a vida das persoas e dos animais. Alimentos (froitos diversos, animales salvaxes), madeira (para calentarse, para cociñar, para facer as casas), plantas mediciñais, e recursos que ían destinados ao gando, como o estrumo, alimentos e pastos. É así que parece que os montes tiñan un valor máis vital do que teñen agora, por que aproveitabase moito para sobrevivir.
Coa "vida moderna" a veciñanza dun lugar pasou a "usar" o monte doutros xeitos, e algunhas das funcións que cumpría o monte quedaron abandoadas ou en desuso, máis tamén apareceron outras novas.
 
Tes un cacho de monte? Pois planta eucaliptos:
A silvicultura, o aproveitamento forestal, foi o recurso máis empregado polos propietarios de montes dende a dictadura ate hoxe. O abandono dos usos tradicionais trouxo unha transición na xestión e utilización do monte. Moitos convertéronse en monoplantacións de piñeiro ou alcolitos sen que agromasen novas ideas sobre como utilizarse. Moitos montes abandonáronse, outros cederon a súa xestión, etc.
 
A recuperación da multifucionalidade.
Nas nosas visitas a diversas comunidades de montes en mancomún, atopamos cantidade de usos que se lle están a dar ao monte na actualidade.
Novos usos e novas formas de disfrutalo, valoralo e aproveitar os beneficios de ter un Monte Veciñal ao carón.
Imos tentar facer una compilación dalgúns deses usos.
 
O monte é unha grande superficie, é quen de producir recursos materiais para as comunidades que os xestionan; estas comunidades tamén son capaces de producir recursos e bens inmateriais entorno ao seu monte, repercutindo no social. Como din a Lei de montes veciñais en mancomún as comunidades nos seus estatutos poden regular que tipo de aproveitamentos fan do monte e canto porcentaxe de beneficios ten que repercutir na propia comunidade.
Cabe diferenciar dúas formas de aproveitamentos:
 
A) Aproveitamento de autoconsumo, que consiste en producir recursos ou dispositivos para o consumo ou uso social da propia comunidade. O monte proporciona recursos que melloran a vida da parroquia e do lugar.
B) Aproveitamento comercial, que consiste en vender o producido dende a propia comunidade, xerando unha sociedade; ou ceder, a cambio de un beneficio económico, espazos ou recursos a unha sociedade para algún tipo de explotación.
Ámbalas duas poden suceder ao mesmo tempo nunha mesma activide. Por exemplo un evento como a "Rapa das bestas", ao mesmo tempo que é un evento cultural e deportivo para a comunidade, axuda a manter as bestas sanas e polo tanto o monte limpo, e poden xerar un beneficio económico da venta dos animais ou madeira, o que permite obter uns beneficios para invertir na parroquia, por exemplo na mellora da traída de augas, na creación dunha biblioteca ou para permitir o mantemento dun espazo de reunión para a comunidade.
TIPOS DE APROVEITAMENTOS DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN
Eventos que fan comunidade.
Eventos que consisten en comidas ou outras actividades culturais. Normalmente de caracter anual. Teñen un caracter social, axudan a cohesionar e reforzar a comunidade, a valorar o monte e os seus recursos, e a xerar historias e transmisión de coñecemento.
Romerías e festas.
Incluen comidas, xogos, actuacións, charlas, etc.
Eventos relacionados co gando.
Rapa da bestas.
Podes ver o evento da CMVMC de Carballo en Friol.
 
Explicación.
Fotos en facebook.
Eventos culturais ou didácticos.
Obradoiros, concursos ou actividaes relacionadas cos saberes, coa cociña, as artes plásticas, a artesanía, a literatura, a música ou as artes escéncicas.
 
Aeromodelismo na Comunidade de Montes Santomé de Piñeiro.
Día da árbore.
Creando vínculos afectivos entre as árbores do monte e a xente.
 
Celebración dia da árbore na Comunidade de Montes Santomé de Piñeiro.
 
O "souto dos veciños", na Comunidade CMVMC de Filgueira, en Palas de Rei. Plantación de 200 castiñeiros cos nomes das familias e da cativería.
Roteiros temáticos.
Ligados ao patrimonio arqueolóxico ou histórico como petroglifos, mamoas.
Ligados aos recursos do monte, como cogumelos, especies de animais.
Outros tipos como roteiros para ver estrelas.
 
Rutas da CMVMC de Valadares
Infraestructuras no monte.
Espacios habilitados no monte para facer actividades.
Rutas para camiñar ou pasear, a pé, en bici ou en cabalo.
Varias Comunidades:
Foto da CMVMC de Carballo en Friol.
A dos Montes do Chá, ou o pinar da praia da CMVMC de SanXurxo en Doniños.
Miradores.
Na CMVMC de Valadares teñen os dos Montes Alba e Cepudo
Lugares de lecer.
Son lugares donde descansar ou disfrutar da natureza.
CMVMC de San Antón, Irixoa.
CMVMC de Carballo, Friol.
Zonas deportiva ou de xogos.
Parapente. Rutas Quad, motocicletas, ciclismo de montaña, etc.
Foto da CMVMC de San Xurxo (Ferrol).
Infraestructuras e equipamentos para a comunidade.
Moitas veces as CMVMC acaban por adiantarse ao concello ou substituílo se este non responde ás súas necesidades, e construen ou arranxan infraestructuras e equipamentos para a comunidade.
Arranxo ou construcción de infraestructuras.
Arranxo de pistas e camiños da parroquia.
Instalacións deportivas.
Centro Social.
Foto da CMVMC de Ombre
Traida de augas comunitaria.
No caso da CMVMC de San Antón, Irixoa, dende a propia CMVMC artículouse unha comunidade de augas.
Repetidor de Internet .
Semella ser que na CMVMC do Rosal decidiron xa fai moitos anos pagar, co diñeiro obtenido das explotacións do monte, un repetidor que proporciona internet as casas da parroquia. Deste xeito indirecto o monte está a producirlles internet.
Centro cultural.
Biblioteca, sala informática e salón de actos na CMVMC de Mouriscados (Mondariz) (FOTO).
Os comuneiros realizaron este centro utilizando madeira do seu monte e creando un espazo de lecer e cultura para beneficio de toda a comunidade xa que o concello non satisfacía as súas necesidades.
Aluguer/ cesións de espacios a empresas..
As CMVMC poden facer cesións temporais a empresas ou negocios alleos á comunidade a cambio de beneficios económicos. Moitas veces para facer unha explotación dos recursos naturais, como veremos no próximo apartado, ou para negocios do sector terciario.
Hostelería: Bar, Restaurante..
Posibilidade que engade un valor gastronómico.
Por exemplo o Restaurante Andarubel situado na CMVMC de Ombre, en Ponteudeme, en plenas Fragas do Eume. Especialidades en cogumelos.
Heliporto.
CMVMC de Guillade
Gas..
Moitas veces as empresas necesitan pasar os conductos de gas atravesando montes en mancomún.
Na CMVMC de Ombre, en Ponteudeme.
Camping.
Na CMVMC do Monte das Cabazas, en Covas e Esmelle, a comunidade se encarga de administrar o camping existente.
Explotacións ou aproveitamentos de recursos.
Canteira.
Na CMVMC de Ombre, en Ponteudeme.
Silvicultura.
Madeirables, Varias especies. Sendo as máis habituáis o Piñeiro e o Eucalipto.
O precio da venda da madeira é variable. Moitas comunidades teñen consorciado coa Xunta o explotación madeirable.
Escoitamos xa moitas veces decir que plantar eucaliptos non é rendible dende que acabou a burbuxa inmobiliaria.
Na maioria das CMVMC de Galicia.
Na via da autoconsumo, e bastante común repartirse leña entre as persoas comuneiras.(como en Valadares, onde cada persoa comuneira ten dereito a unha parte de leña anual)
Micolóxica.
Na CMVMC de Carballo en Friol implementaron un sistema de tarxeta de uso para as persoas non comuneiras, coa que tés acceso ao monte, tamén establece a cantidade máxima que podes coller ao dia. De este xeito teñen diversos precios de tarxeta para a xente que recolle en plan comercial e a xente que recolle para autoconsumo.
Cinexética.
Caza de diversas especies de animáis.
Fruticultura.
Castaña, Noces, Avelás Avellanas . Outras árbores frutais. Pexegos, peras, mazás. "Frutos do bosque": arándanos, fresas, moras. (Mouriscados) CMVMC de Carballo
Agricultura / Horticultura.
Calquer cultivo que se adapte ao terreo podería estar neste apartado, nas dos vías, na de autoconsumo e na comercial.
Verduras, Cereais, repolos, patacas, herbas de uso culinario ou mediciñal, etc .
Gandeiría.
Hai montes que constan de zonas onde os animais fan unha labor de mantemento ao tempo que pastan.  
Porco.
Na CMVMC de Carballo en Friol teñen un sistema automatizado de granxa de porco celta instalada no monte.
Tamen na CMVMC de Petánteñen porco celta.
 
Bestas. (Altos de Verís)  
Vacuno Na comunidade de San Antón en Irixoa, reparten parte da carne das suas vacas entre as persoas comuneirxs. Obtindo así un producto de calidade controlado por eles mesmos.
 
Apicultura.
Na CMVMC de Carballo , comenzaron cunha pequena explotación dunhas 40 colmeas que proporciona mel á comunidade ao tempo que ofrece o espacio para unha explotación apícola comercial.
 
No monte de San Roque, en Viveiro, a comunidade ten unha pequena reserva de animais. "conviven ejemplares de gamos, burros, ponis, parejas de ñandú y la última adquisición, dos hembras y un macho de oveja de Camerún"
Produción de enerxía.
Normalmente é unha explotación de una empresa ou multinacional, maís tamén atopamos casos de prácticas de autoconsumo.
Solar / fotovoltaica.
No caso da CMVMC de Carballo en Friol están alimentando unha explotación de porco celta con enerxia solar.
Hidraúlica.
BioMasa / Compostaxe.
Planta de Compostaxe de Biomasa Forestal e de Xardinería da CMVMC de Vincios
Conservación da biodiversidade..
As comunidades regulan un ben que forma parte da biodiversidade e polo tanto da saude das persoas.
 
Regulación de emisións de CO2.
 
Normalización dos cursos de auga. Control da calidade da auga que avastece a parroquias cercanas.
E ate aquí a nosa enumeración de usos e aproveitamentos que fan as Comunidades de montes veciñais en mancomún de Galicia. Agradecemos aportaciones para ampliar ou mellorar esta lisa, se coñeces exemplos ou outras posibilidades comenta neste post ou manda un email a ola@montenoso.net.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.