• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

A comunidade de Brión e San Román de Doniños proxecta ideas sobre os seus montes

A veciñanza das parroquias de Brión e San Román de Doniños continúa a traballar na reapropiación dos montes do Chá. Xa estivemos visitando esta comunidade este ano, como vos contamos neste relato *.   Nesta segunda visita invitáronnos a falar no seu evento III Xornadas do Monte Veciñal, para explicar que é montenoso e mostrarlles as diversas posibilidades que ten o seu monte.  
Falamos da relevancia e o recoñecemento internacional que ten o mancomún galego fóra de Galicia, como un xeito de propiedade e xestión milenaria, como un ben antropolóxico, cultural e social, casi en perigo de extinción. Explicamos a importancia que teñen as comunidades de persoas que traballan en común, e que os bens sen as comunidades que os xestionen fican abandoados.
Fomos falando da multifuncionalidade do monte, agora que a vida xa non depende do monte dun xeito tan material e directo. Fomos explicando o que fan outras comunidades, os tipos de explotacións, como aproveitan os recursos, en que invirten, como tecen e reforzan a comunidade, que tipo de eventos están a facer, e como se organizan.
Como contábamos no relato da anterior visita, foi un deslinde que engadía parcelas privadas dentro do mancomunal o que retardou o proceso de reapropiación do monte por parte desta comunidade. Isto fixo que o proceso xudicial se dilatara ate hoxe. Parece ser que as persoas propietarias daquelas parcelas privadas están cedendo os seus intereses particulares ao común. Deste xeito vai ser máis doado recuperar o monte para a veciñanza. As cousas están cambiado, e a comuniade está empoderándose. Cada vez son máis as veciñas que falan sobre o monte. Neste diálogo van entendéndose e aclarándose as ideas entorno a propiedade en mancomún.
Son unha comunidade activa que xa está abrindo o proceso de preguntarse "que facer" no monte cando o recuperen. Comezan a traballar nas posibles funcionalidades do monte e a forma de xestión e gobernanza da comunidade.
Eles queren aparecer tamén na cartografía montenoso *, así que imos tratar de implementar as coordenadas dos montes do Cha e situar á comunidade que os reclama.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.