SOBRE MONTENOSO

DSC00103É unha comunidade, é un espazo, unha rede que procura traballar coas comunidades de montes veciñais en man común. E o facemos porque entendemos que estos montes veciñais supoñen un paradigmático exemplo dos comúns, e poden representar para moitos de nos unha alternativa na capacidade de xestión e de relación entre nos e o medio que nos rodea

Pretendemos buscar modelos de gobernanza a partires de estudar, (re)situar e traballar activamente nas CMVMC como exemplo de procomún. Os montes veciñais en mancomún teñen como característica que a propiedade é comunitaria, nin depende do estado nin está en mans privadas. Depende da colectividade que reside de forma cotiá nun determinado territorio.

Esto demostra que existen alternativas á dicotomía establecida en torno á propiedade. Este tipo de propiedade está sendo ameazado pola agroindustria e por intereses políticos das administracións públicas. Montenoso quere axudar ao empoderamento dxs comuneirxs.

Na nosa proposta priorizamos a implicación das comunidades e comuneirxs. É por iso que queremos partillar o proceso do proxecto cxs comuneirxs, para construir xuntxs os dispositivos que permitan acadar os obxetivos de visibilidade, dinamización, reapropiación e disfrute do monte en mancomún. É sachando mancomún como o monte é noso!