COORDINAN

Xeografias montaje

Somos unha comunidade experimental transdisciplinar que estuda, visibiliza e dinamiza as Comunidades de montes veciñais en man comú), así coma outras manifestacións do mancomún do país. O noso principal obxectivo é fomentar a (re)apropiación destes montes e por parte dxs veciñxs e para eso e ante grandes presións da administración pública e a industria é preciso estudar, (re)situar, intervir e traballar activamente nestes montes en mancomún. Pretendemos buscar modelos de gobernanza a partires de estudar, (re)situar e traballar activamente nas CMVMC como exemplo de procomún.

Existen alternativas á dicotomía establecida en torno á propiedade. Este tipo de propiedade está sendo ameazado pola agroindustria e por intereses políticos das administracións públicas. Montenoso quere axudar ao empoderamento dos comuneiros.

creditos1

[Asociación Artesáns de innovación _ Fran Quiroga]

Artesáns da Innovación é unha entidade facilitadora da innovación e a creatividade como vehículo para a participación cidadá nos seus diversos planos: cultural, artística, social, económico… Máis en http://semillasdeinnovacion.wordpress.com/


[Fur Alle Falle _ Vanesa Castro]

Axitadores e productores culturais. Desarrollan proxectos de diversa índole, como produción de eventos culturais, actividades de formación, ou producciones audiovisuias. Más en http://furallefalle.com


[Alex Mikelinos_Tecnoloxía/s Apropiada/s]

Arquitectura, investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos rurais e urbanos. Colaboradores do Ecoistituto delle Tecnologie Appropriate en Italia. O seu traballo ocúpase do uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rururbano, a memoria colectiva, o urbanismo participativo… Máis en https://tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com/


[Rural Contemporánea _ Iñaki López]

Colectivo de acción social implicado na valorización e visibilidade do Medio Rural a través do seu proxecto Rural Contemporánea. O seu traballo trata de abordar diferentes problemáticas existentes no medio rural utilizando a creatividade como ferramenta de participación comunitaria e os imaxinarios tradicionais como forma de propagación de coñecemento. Máis en http://www.ruralc.com/


Desenvolvedor e socio en Innoto, empresa social que procura solucións para a participación cidadá, xestión e desenvolvemento co coñecemento. Colabora coa arquitectura e desenvolvemento de back-end da plataforma online, en particular na cartografía colaborativa de Montenoso. Máis en http://www.innoto.es

Colectivo centrado nos medios dixitais, dende o documentalismo, o audiovisual, a xestión cultural e as artes dixitas. Teñen participado en proxectos que interrelacionan a arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade. Dun modo transversal traballan conectando ámbitos locais a través de proxectos comunicativos. Máis en http://constelacionesonline,net/


Colaboran no proxecto:

Luigi Pirelli.
Especialista en GIS. Mapping.
Desenvolvedor GIS. Fundador de OSGeo Italian Local chapter.
desenvolvedor do proxecto QGIS.

Begoña Carrera Ríos.
Avogada especialista en temas medioambientais
Dereito, dereitos humanos, medioambente, migración, movemientos sociais.

Miriam Alonso Salgueiro
Humanidades Dixitais
Investigación. Publicacións.

Eliana Bouzas Collazo.
Educadora social. Especialista en medios dixitais.
Coordinación, documentación.

Eloisa PIñeiro Orgue
Grupo “Comúns, Feminismos e ruralidades”
Artigos, puntos de vista.

 

Montenoso conta cos seguintes apoios: