PRESTACIÓNS

Xeografias montaje
Montenoso  é un proxecto poliédrico que conta con profesionais da comunicación, as  artes dixitais, a produción de eventos, o audiovisual e o deseño.  Está  impulsado por asociacións e colectivos con ampla traxectoria en eidos  diversos da cultura contemporánea como son a axitación social e  cultural, a comunicación dixital e a investigación aplicada. É por iso  que queremos partillar o proceso do proxecto cxs comuneirxs, para  construir xuntxs os dispositivos que permitan acadar os obxetivos de  visibilidade, revalorización, reapropiación e disfrute do monte en  mancomún. Existe a posibilidade de colaborar con comunidades con  necesidades específicas a través dunha serie de dispositivos e  ferramentas que consideramos interesantes para a dinamización e  visibilidade dos MVMC, mais estamos abertxs a outras necesidades e  propostas requeridas polas comunidades.

 

  • Desenvolvemento de web-site.
  • Creación dunha bitácora de actualidade.
  • Activación e mantemento de redes sociais.
  • Obradoiros  e dinamización cultural.Diversas actividades enfocadas á participación  da comunidade dentro de procesos de aprendizaxe, procesos creativos e  afectivos. Algúns exemplos son:
  1. Obradoiro de introducción a ferramentas dixitail
  2. Obradoiro de redes sociais e usos de dispositivos móbiles.
  3. Obradoiro de música comunitaria.
  4. Obradoiros para os nenos/as.
  5. Realización de eventos multidisciplinares.
  6. Obradoiro de participación comunitaria.
  7. Proxectos específicos. Proxectos que actúan sobre problemáticas ou espazos específicos dunha comunidade.
  8. Realización de libros .
  9. Derivas / roteiros / viaxes.
  10. Realización de Audiovisuais / documentais
  11. Estudos. Estudos históricos, de documentación, socio-económicos, de xénero, economía de comunidades, sobre o procomún.