As CMVMC na plataforma global LandMark

Captura de pantalla de 2017-06-15 20:27:42.pngXa temos a manchiña do #mancomún galego, ese 28% do territorio do país, no proxecto online #LandMarkMap. Sen tempo non foi! Tras varios meses de xestións, varias peticións á Xunta á quen pertence a capa GIS coa que nos traballamos dende hai tempo* (Ata a data non teñen un visor sobre Montes Veciñais) hai pouco conseguimos situar as CMVMC de Galiza na plataforma LandMark.

Trátase da primeira plataforma internacional online -en proceso- que facilita datos xeoreferenciados e outra información de interese sobre terras colectivas de pobos indíxenas e comunidades locais. Esta plataforma está deseñada para contrubuír ó empoderamento destas comunidades, para axudalas a protexer os seus dereitos sobre a terra, así como asegurar a continuidade da súa pertenza. E énchenos de alegría ver tan gráficamente como hoxe o 11,1 % das terras do mundo son terras colectivas, indíxenas e comunitarias.

Podes acceder ao mapa en landmarkmap.org

Non estivemos soas neste proceso: o xeógrafo Fabrice Dubertret, do IHEAL-CREDA da Universidade París3 foi o noso enlace coa Plataforma e a persoa encargada de estandarizar os datos que lle facilitamos en base ás necesidades da mesma, a proposta do Joám Evans Pim, que facilitou os contactos e alentou o proceso. Roberto Lopo da Subdirección Xeral de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais facilitounos datos clave para poder concluir o formulario de convenio con LandMark.

Esta Plataforma está impulsada polo Instituto del Bien Común (IBC), o  World Atlas of Indigenous Peoples’ Territories (WAIPT), e o World Resources Institute (WRI). Se pertences á algunha comunidade con terras comunais que aínda non esté na rede de LandMark ponte en contacto con elxs en info@landmarkmap.org

--

*Dende hai anos tamén podedes a mancha do #mancomún na nosa-túa cartografía en liña, a través dun visor que montamos nun dos servidores de Obiut. Ademais neste espazo poderás ver unha capa de documentación audiovisual sobre as CMVMC coas que, cos pes na terra, imos traballando.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.