Algo se está movendo na defensa das terras comunitarias. E para ben!

Presentación DVAT (8 de 8)

Recéntemente presentábase no Xardín Botánico de Madrid a Declaración de Valdeavellano de Tera, declaración que montenoso ten suscrito xunto a outras institucións/colectivos/asociacións e movementos, que supón unha declaración de apoio e defensa do papel e valor das terras comunitarias no conxunto do Estado.

Asimesmo a declaración enfatiza en que “debe ser unha prioridade das propias comunidades comuneiras, das distintas administracións e da sociedade no seu conxunto velar pola protección e o recoñecemento deste patrimonio colectivo en base aos principios de inalienabilidade, indivisibilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade, así como garantir o respecto ao dereito escrito e consuetudinario das comunidades, o seu pleno recoñecemento legal, a súa plena capacidade xurídica na defensa e xestión dos seus recursos e a participación axeitada dos seus órganos de gobernanza na toma de decisións que afecten a este patrimonio. Neste sentido, as reformas lexislativas presentes e futuras deben respectar os dereitos históricos das comunidades locais e a súa autonomía na xestión do patrimonio comunal. Do mesmo xeito, os usos comunais e os seus bens e dereitos asociados deben ser xestionados de forma participativa e sustentable, coa intención de garantir a transmisión deste patrimonio para goce das xeracións futuras sen ningún tipo de menoscabo nos seus valores económicos, sociais e ambientais.

A Declaración de Valdeavellano de Tera foi impulsada polo ICCA Consortium e asisanda por SEO/BirdLife, Asociación Forestal de Soria, Asociación Galega de Mariscadoras/es, Asociación Ibérica de Pastores Trashumantes, Asociación Nacional Micorriza, Asociación Trashumancia y Naturaleza, Comunidade de Montes de Vilar de Triacastela, Federación Estatal de Entidades Locales Menores, Federación Estatal de Pastores, Foro Asturias Sostenible, Fundación Entretantos, Fundación LonxaNet, Grupo de Estudios da Propiedade Comunal (IDEGA), ICCA Consortium, Mancomunidade de Montes en Man Común de Castrove-Salnés, Mancomunidade de Montes en Man Común de Pontevedra, Montenoso, Plataforma Rural, Proyecto Evaluación de los Ecosistemas del Mileno de España, Proyecto Montes de Socios, Red de Comunidades de Pescadores Artesanales para el Desarrollo Sostenible, Silene, Unión de Tecores e Cazadores – Caza Social de Galicia y Unión Nacional de Asociaciones de Caza.

GAL-ILG-RAG- Declaración de Valdeavellano de Tera

POR-GAL-AO- Declaraçao de Valdeavellano de Tera

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *