Como afecta o "Anteproxecto de Lei" ós Montes en man común e ás entidades locais menores.

Freguesías
O “Anteproyecto de Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local” di, entre outras cousas que : “disólvense as 3.725 entidades locais menores existentes, entre as que están as pedanías ou as parroquias, que pasan a ser absorbidas polos Concellos dos que dependan”.
Coma o anteproxecto suprime estas entidades tamén desaparece a súa xestión coma Montes en man común, antigas escolas, dereitos de caza, madeiras…, etc, pasando esta ó concello do que dependen:
Todo o que ten sido propiedade comunal deixará de selo en virtude dun texto que desmantela as xuntas veciñais.
Así que podemos decir que esta lei vai afectar ós montes de utilidade pública e montes que sexan xestionados por xuntas veciñais, pedanías, entidades locais menores ou parroquias administrativas.
Entidades locais menores
En Galicia hai 9 parroquias que son entidades locais menores . Unha en Ourense, en Berán (Concello de Leiro), e oito en Pontevedra: Arcos da Condesa  (Caldas), Bembrive (Vigo), Camposancos (A  Guarda), Chenlo (O Porriño),  Morgadáns (Gondomar), Pazos de Reis (Tui) y  Queimadelos y Vilasobroso  (Mondariz).
A parroquia de Bembrive, en Vigo, é unha entidade local menor que é a que xestiona o monte de man común de Bembrive así como todo o referente á parroquia. O mesmo acontece  noutras entidades menores como Morgadáns (parroquia de Gondomar), que entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.
Se a lei vai adiante e suprime as entidades menores e pedanías, estas 9 parroquias galegas van perder as ventaxas de ter unha administración de veciñanza. Deberían adiantarse e protexer os seus bens, iniciando un proceso de constitución das comunidades de montes en mancomún que agora xestionan dende a pedanía.

 

A continuación Links e novas recentes sobre pedanías:

 

As 9 pedanías galegas únense para asegurar a súa supervivencia, asociándose como federación

 

web da Federación Española de Entidades Locales Menores

 

As pedanías do norte estiman que a súa desaparición é anticonstitucional. 6 sep 2012

 

– “Lembrar que esta Lei afectaría aos montes públicos veciñais, é decir, non  afecta aos montes veciñais en man común galegos, en tanto estos son privados, si que afectaría ao resto, os que a propiedade depende da administración pública

 

Recollemos algunhas das alegacións ó borrador :

 

Alegación da FNMC (Federación de Municipios y concejos)
fonte PDF
Se propone el mantenimiento de las entidades locales menores porque consideramos importante su existencia en la medida en que contribuyen a la mejor prestación de los servicios y competencias municipales y entendemos que su disolución tiene que ser voluntaria y de acuerdo con lo dispuesto en las correspondientes leyes autonómicas que los regulan.
en León , Os mais danados polo borrador da nova lei :
Parada de Souto

 

O Bierzo:
“El poder político favoreció jurídicamente a los ayuntamientos frente a las juntas  vecinales, y económicamente se intentó eliminar sus recursos naturales, casos de las desamortizaciones de tierras o las expropiaciones de sus montes por el régimen franquista. La resistencia secular de las juntas vecinales debe ser un ejemplo a seguir ante el actual proceso político de eliminación de nuestras juntas vecinales bercianas.”

 

 

“Todos los recursos comunales pertenecen a todos y se administran por todos. Los campos se distribuyen equitativamente entre quienes quieren trabajarlos, igual que las  maderas o los derechos de pasto… y se exponen anualmente todos los detalles de la explotación. 
Coexiste  así en el campo una explotación privada, de origen latino, con  unas  exploraciones públicas, de marcada influencia germánica (invasiones bárbaras) lo que da a los pueblo un elevado equilibrio social. Un campesino puede que no tenga muchos terrenos privados, pero de lo público le corresponde una parte igual que a cualquier otro. De hecho, las partes se distribuyen por una comisión, se numeran y se entregan  por  sorteo. 
Pues  este sistema milenario, democrático e igualitario de reparto de  bienes  se acaba por una normativa que ha propuesto el Gobierno Español este mes de julio y que –dada la mayoría existente del Partido Popular puede ser aprobada sin modificación alguna.”

 

en Portugal parece que os poderes están a facer o mesmo:
“Projecto de lei nº 320/XII/2ª – Reorganizaçao administrativa do território das freguesias” intenção do XIX Governo Constitucional persistir no grave erro de  extinguir mais de um milhar de Freguesias, fazendo-o sem fundamento  científico, razões financeiras ou critérios de racionalidade.”

Freguesías em Concentração

“Existem atualmente 4259 freguesias e deverão ser extintas cerca de 1500”
As fraguesias vao manifestar-se cantando os reis em Belém

 

En Gales e Inglaterra, hai hoxe máis de 10.000 concellos parroquiais e, desde 1997, é política pública potenciar estes órganos nos lugares onde aínda non están constituídos. Mesmo nas zonas urbanas da Inglaterra, nas que foram  suprimidos em 1974, voltan agora a se promoveren por medio dunha reforma legal levada ó frente en 2007.
A Asociación Nacional de Concellos Locais (NALC, nas súas siglas en inglés) lanzou co apoio das instituicións a web “Crea un Concello” na que se insta e explica o proceso de creación de gobernos parroquiais: http://www.createacouncil.nalc.gov.uk/
As  parroquias teñen competencia sobre moitos servicios, recoñecéndose que  son os órganos onde a xestión é máis transparente, eficaz e democrática, ó ser a propria veciñanza a que mobiliza os seus recursos para dar solución ós seus problemas e necesidades.

 

Veciñanza

 

En Suiza, a pertenza á “comuna” é historicamente o fundamento da cidadanía. O 90%  das comunas suízas son gobernadas por democracia directa (esta si) en  asambleas veciñais, sen políticos profesionais. E por ese sistema xestiónanse a inmensa maioría dos servizos comunais, incluindo  educación, transporte, servizos sociais e saúde.

ver fonte: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/11408.html

Unha publicación do LAR

2 Replies to “Como afecta o "Anteproxecto de Lei" ós Montes en man común e ás entidades locais menores.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *