Crónica 1ª Malla

Tra-las seis reunións online realizadas durante estes dous últimos meses, a 1ª Malla planeouse para a fin de semana do 4-5 de xaneiro coma un encontro presencial no que compartir visións e expectativas do  proxecto:
Por unha banda, desenvolvimos un intenso traballo interno, coma grupo de produción; e pola outra, compartimos o proxecto con algúns comuneiros da zona de Vigo. Deste xeito, tamén reforzamos a afinidade do grupo de traballo.
Asamblea
Na asemblea xeral acordamos estes comúns:
Motivacións :
  • Liberar o código, facer accesible as cartografías e a documentación/datos/experiencias relacionados cos montes en man común.
  • Apoiar e defender o man común como alternativa a dualidade público e privado.
  • Aprender do traballo colaborativo.
Obxectivos:
  • Un proxecto (mediateca) útil para xs comuneirxs. A intención é que o valoren e o apoien económicamente.
  • Reivindicar o uso e a xestión do común.
  • Visualizar a extensión no territorio da propiedade en man común.
  • Detectar boas prácticas de xestión dos recursos comúns, face-las visibles para poder espalla-las coma un virus.
  • Valorizar os bens inmateriais e a dimensión imaxinaria – cultural – subxectiva dos MVMC.
Asambleia
Dinámica do grupo.
  • Asemblea online cada semana ou cada dúas.
  • Microtarefas.
  • Máis autonomía dos Sub-grupos con respecto ao grupo de produción e a comunicación interna.
  • Definir protocolos de colaboración externa. Diferenciando entre o núcleo de producción, os colaboradores e outro tipo de apoios.
  • Consenso na proposta “Lo propones te lo comes”, que fai referencia a que cada persoa do grupo asuma a execución das tarefas que propón.
Mapa Conceptual
Reunión cos comuneiros.
Fixo sol. Reunímonos un grupo variado de persoas interesadas no “man común” entre os que estaban Alberto Covelo, presidente da comunidade de Vincios, Doro Piñeiro, presidente da comunidade de Valadares e Delio, secretario da Organización Galega de MVMC.
Presentamos o proxecto e abrimos un debate sobre intereses e posibles colaboracións.
Concordan todos que a dimensión subxetiva ou inmaterial do Monte é un eido fundamental de cara ó futuro.
Os comuneiros suliñaron que estamos nun momento especial e crítico para o monte en man común debido a diferentes presións por parte da administración pública e algunhas corporacións empresariais.
Constatamos a relevancia que vai ter a nosa cartografía coma dispositivo onde visualizar a superficie do man común en Galicia, que permitirá relacionar ás diversas comunidades entre elas.
Avaliación da reunión.
Foi moi positiva. O proxecto presentado tivo un claro interese, sobre todo no que respecta á visibilidade da superficie comunal en Galicia, na súa dimensión inmaterial, e na proxección que da enlazar o mancomún con outras realidades do procomún.
Reunión
Obradorio
Asistimos a un obradoiro impartido por Iñaki López dende o Grupo de coordinación para optimizar o uso das ferramentas (Trello, Mumble, Pads, Mailing, etc) que usa o grupo de traballo no proceso do proxecto. Un proceso colaborativo e transparente.
Roteiro
Fomos arredor do Monte Alba acompañadxs por Carlos, veciño e comuneiro de Valadares, que foi guiándonos e conversando mentres camiñabamos polos montes en mancomún de Valadares. Atopámonos con varios grupos de penedos e cachotes, así como de
antigas canteiras, que testemuñaban a importancia da pedra como recurso na realidade e a presenza deste elemento no imaxinario colectivo na parroquia de Valadares.
Canteira
Tamén visitamos o antigo vertedoiro do Zondal, escenario de antigas loitas veciñais para defender o seu monte. E tamén estivemos nunha antiga canteira asolagada hoxe polos escombros procedentes das obras do AVE.
Roca
Conclusións
Independentemente do tempo que precisemos para concretar e definir as colaboracións, o proxecto continúa dándolle prioridade a dous dispositivos:
1) Unha cartografía de tódolos MVMC galegos (Interface, Capas, Contidos)
2) Unha convocatoria aberta de Residencia para proxectos específicos de intervención en Vincios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *