Da metáfora á investigación participativa. O caso dos Buffalo Commons

Buffalo Commons

 

The Buffalo Commons was an umbrella phrase for a large-scale, long-term restoration project to counter the effects of the three cycles [of boom and bust]….The Buffalo Commons would not mean buffalo on every acre;(…)  The Buffalo Commons used metaphor as a way to give form and words to the unknowable future. (1)

 

Que facer cun territorio que ocupa 360,000 km2 nos EEUU? 1/5 do total,  e no que so viven 5 millóns de persoas? Eso foi o que se preguntaron os xeógrafos Frank J. Popper and Deborah Popper na década dos oitenta do século pasado. O paper resultante foi The Great Plains: From Dust to Dust que podes ler neste link.

Escribían os autores que Great Plaíns destacaba por ser un territorio no que se ían sucedendo ciclos de crecemento económico e outros de declive. Os primeiros viñan dados por subsidios e axudas gubernamentais, e cando estas decaían, producíase o seguinte efecto, unha crise económica que provocaba un abandono nestas terras por parte dos habitantes das mesmas. O matrimonio Popper entendía que esta situación non era sostible e que era necesario esforzarse na procura doutras alternativas nunca estudadas.

Tras diferentes políticas, como pode ser, a de facilitar a propiedade da terra ás familias orixinarias desos territorios e vendo, que porén, a situación de abandono na que se atopaba e a emigración que cada vez era máis másiva, sobre todo a xuvenil (sonanos a algo esto?) os Popper propuxeron que a Great Plains debería chegar a ser a maior reserva ecolóxica do mundo, ese último National Park estadounidense. Iso non significaba que debían encher cada metro cadrado, ou como dirían eles, cada acre, de búfalos, pero si, pensar en volver a ver esas terras como aquello que foran no seu día.

Unha vez publicado este artigo, o debate que se derivou foi implicando a cada vez máis actores, a través de radio, tv, workshops, etc. un amplo número de persoas interesouse na cuestión dos buffalo commons. A xente comezou a pensar se aquelo tiña sentido, encher todo de búfalos, de se convertir ese amplo territorio nunha reserva da natureza, de se ese ia ser o futuro, de si o que estaban facendo tiña sentido ou de si era sostible ese modelo económico nesa gran planicia. Como din os Popper no seu artigo, para uns eran considerados como héroes e para outros uns auténticos viláns.

Aquí xa comezamos a albiscar a importancia dos Buffalo Commons, de como amplificar o debate que semellaba so estar en mans dos xeógrafos, da academia ou dos políticos, o debate situábase entón en como repensar este territorio, de cómo planificar as políticas, en definitiva, en como repensar entre todas o futuro dese territorio.

Así en 1999 Deborah e Frank J. Popper  Popper publican o artigo The Buffalo Commons: Metaphor as Method, onde  afirman que “conceived the Buffalo Commons in part as a literary device, a metaphor that would resolve the narrative conflicts —past, present and most important, future— of the Plain” * (1) (concebiron os Buffalo Commons en parte como una recurso literario, unha metáfora que debería resolver os conflictos narrativos-tanto o presente, como o pasado e o máis importante, o futuro- das planicies)c. Consideraban que o uso desta metáfora era unha ferramenta para potenciar a imaxinación sobre o futuro deste territorio, e que foi a mecha que provocou un estourido dunha serie de iniciativas relacionadas, escribíronse libros, grupo de granxeiros privados uníronse para dispoñer de máis búfalos, etc.

A metáfora ía explicando e creando significados, xerando novas capas de comprensión, a discusión crecía e os significados ían amplificándose, moldeándose. “The question is no longer why or whether the Buffalo Commons will occur, but how.” 1 (A cuestión non é o por que ou se os Bufalos Comúns ocurrirá, se non o como). Reivindicar o proceso , non o resultado, é unha das cuestións máis importantes deste feito. Que a academia sexa capaz de abrir o debate arredor da compresión dos lugares e dos espazos permítenos ver que outros modelos de investigación son posibles e que a participación social no debate ten sentido. David Bollier afirma que o que temos que aprender sobre esta metáfora é que “The Buffalo Commons proves the power of the language of the commons in helping to imagine and deliberate, openly and constructively, about a shared future. A commons is arising without any official announcements or celebrations.  I think there are some lessons here”. (2)(Commons Buffalo demostra o poder da lingua dos comúns para axudar a imaxinar e deliberar de maneira aberta e constructiva, sobre un futuro compartido. Os comúns están xurdindo sen anuncios oficiais ou celebracións. As leccións están aquí).

O interesante deste estudo, ademais de coñecer como se realizou é ver como é posible establecer novos métodos de investigación, nos que a imaxinación poda estar presente. Ver como se poden construir modelos comunitarios de participación a partir dunha metáfora.

Seremos capaces de emular esto, adaptándoo as nosas realidades?

____________________________________

(1) The Buffalo Commons as Regional Metaphor and Geographic Method. Deborah E. Popper and Frank J. Popper http://www.buffalofieldcampaign.org/habitat/documents2/Popper_and_Popper_The_Buffalo_Commons.pdf

(2) The Buffalo Commons: Redefining how we think about place, politics, and polichttp://www.resilience.org/stories/2012-06-21/buffalo-commons-redefining-how-we-think-about-place-politics-and-policy

 

One Reply to “Da metáfora á investigación participativa. O caso dos Buffalo Commons”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *