Documental “En todas as mans”

“En todas as mans” é un documental que está en fase de desenvolvemento.

“Este documental pretende mostrar o mundo do mancomun, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Ao tempo, queremos sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo.

Pretendemos sinalar a titularidade en mancomún como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego.

Queremos que este proxecto sirva como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexamos estimular a súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao conxunto da cidadanía galega.”

Financiado colectivamente, de momento acadaron 33.600 €, o que supón o 50,2% do orzamento.  Con este orzamento van cubrir a fase de gravación do documental, prevista para a primavera do 2013.

Podes facer a tua doazón a partires da web do proxecto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *