Quen máis quen menos foi quen de amañar un aparello, ben sexa eléctrico, ou outro tipo de maquinaria. Moitas persoas son quen de fedellar na maquinaria agrícola e ao final amañalo, son amañadores/as, que aínda sen posuír un título que acredita a súa valía son capaces, grazas ao ensaio-erro, de arranxar cousas.
O impulso da comunidade EU <3 FEDELLAR quere reivindicar esta habilidade e propón realizar un encontro no que mostrar e falar arredor da capacidade das persoas á hora de facer. Por iso queremos impulsar esta comunidade como lugar de encontro no que parar a pensar que facer con estas habilidades e como podemos contribuír á que o resto da xente poida aprender do que uns fan. Procuramos así tecer unha serie de relacións entre diferentes colectivos e persoas para mostrar estas habilidades e seguir aprendendo entre todos e todas.
EU <3 FEDELLAR insírese dentro do movemento das economías en código aberto e sociais que procuran abrir os códigos e visualizar a través das ferramentas tenolóxicas como é posible crear maquinaría agrícola en código aberto, ao igual que o é no ámbito do software libre.
Dia: venres 23 de Outubro.
Lugar: Museo Integrado de Maquinaría Agrícola Clásica.
Lugar A Airexe nº1. Trasliste, Láncara.
PROGRAMA
11:00 – 11:10 Presentación xornada.
11:10 – 11:40 A innovación tecnolóxica ao longo da historia.
Lourenzo Fernández Prieto [Catedrático de Historia Contemporánea da USC]
11:40 – 12:10 Non Intente facer isto na súa casa: Experiencia persoal no deseño e manufactura dun producto calquera.
Pablo Blanco [Montenoso]
12:10 – 12:40 As tecnoloxías non son neutras.
[Enxeñería Sen Fronteiras]
12:40 – 13:00 Café-debate.
13:00 – 13:30 Por unha robótica Open Source no rural.
Tucho Méndez [CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco]
13:30 – 14:00 Ou de como amañar un tractor con arduino.
Jesús Toural [Makers Lugo]
14:00 – 14:30 Maquinaría agrícola clásica, unha actividade innovadora.
Marcos Vázquez [Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica]
14:30 – 15:00 Conclusións do Encontro.
O encontro é aberto, pero é preciso inscribirse mandando un correo a rede.revolta@usc.es antes do mércores 21 de Outubro.
IMPULSAN:
Rede Revolta.
Montenoso.
Makers Lugo.
Asociación Galega de Amigos de Maquinaria Agrícola Clásica.
Enxeñería Sen Fronteiras.
CPI Alcalde Xosé Pichel