Feira Imaxinaria, un lugar para nos (re)encontrar

“Se non se ve a fábrica non é porque teña desaparecido, senón porque se socializou, e neste sentido ficou inmaterial: dunha inmaterialidade que continúa producindo (e como!) relacións sociais, valores, beneficio…”

MAURIZIO LAZZARATO, Strategie dell’imprenditore politico, 1994

 

feiraImaxinaria

 

Cando cres que pouco se pode facer neste Pais, e que non hai espazos de innovación e e imaxinacción, a xente da Rede GZimaxinaria anuncia de novo a convocatoria da Feira Imaxinaria. Entón volves reconfortarte co territorio no que habitas e cres que si, que é posíbel, que aínda existen eses raios de esperanza nos que poder seguir pensando máis aló e construíndo colectivamente outros futuros e tamén presentes posíbeis.

 

 

Facilitar espazos de debate e produción é cada vez máis necesario e continxente, como ben dicían en Amanece que no es poco. Por iso é de parabenizar que un grupo de persoas sexan quen de artellar un encontro de pensamento e creación, consciente do contexto no que se desenvolve e de incidencia no territorio, como é a Feira Imaxinaria. Unha Feira que concentrará colectivos e proxectos relacionados con:

>Economías Alternativas
>Sistemas de Información comunitarios e opensource
>Novas Territorialidades
>Artes Interactivas
>Outros Modelos de Institución

Durante tres días, dende o 28 ao 31 de agosto en Alg-a Lab en Valladares (Vigo) a Feira desenvolverase a través de obradoiros, palestras, debates e presentacións, postos de venda ou informativos, instalacións e performances.+ info nesta ligazón:
E nós declarámonos moi fans. En parte, porque hai dous anos, na edición do Summmer Lab 2012 no que se enmarcaba a Feira Imaxinaria, xurdía o proxecto #montenoso. Moito ten cambiado o proxecto, daquela aspiraba a se converter nunha cartografía expandida sobre as CMVMC, e desa idea inicial o proxecto foise agrandando.
Para nosoutras esta feira supuxo un espazo no que nos atopamos unhxs cantxs descoñecidxs chegadx de ámbitos moi deversos que decidimos sumarnos a esta aventura, sen máis afán que traballar pola defensa dos nosos comúns. Esta idea sobrevoa os proxectos que se desenvolven en cada edición da Feira.
E dá conta da nosa capacidade para construír ese outros mundos nos que nos poder (re)encontrar.

 

One Reply to “Feira Imaxinaria, un lugar para nos (re)encontrar”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *