Montenoso en "Culture(S) in Sustainable Futures", na Universidade de Jyväskylä (Finlandia)

finlandia

O pasado mes de maio presentouse a experiencia de Montenoso no seminario “Culture(S) in Sustainable Futures”. A Unidade de Investigación en Economía da Cultura da Universidade de Valencia (ECONCULT) seleccionou Montenoso como caso de estudo para analizar as vías a través das que as iniciativas culturais promoven procesos de innovación social e desenvolvemento territorial. Este análisis concretouse na elaboración dun artigo académico que, a tenor do interese que despertou, posiblemente será publicado na colección Routledge Studies in Culture and Sustainable Development. 

A presentación de montenoso, correu a cargo de Raúl Abeledo, colaborador do proxecto, que xa ten estado nalgún Cos pés na terra, e que leva facendo un seguimento do proxecto montenoso dende os seus inicios.

O artigo foi escrito entre Raúl Abeledo, Vanesa Castro e Iñaki López, apoiándonos en todo o que levamos traballado dende o LAR.

A conferencia foi organizada no marco do programa COST “Investigating Cultural Sustainability” www.culturalsustainability.eu polo Departamento de Ciencias Sociais e Filosofía da Universidade de Jyväskylä.

Tedes dispoñibles os contidos da Conferencia nos seguintes links.

Streamed plenary sessions with the keynote speeches:

http://www.culturalsustainability.eu/helsinki2015/programme/conference-programme#videos

Students’ reflections from the conference:

http://www.culturalsustainability.eu/final-conference/Reflections_2.pdf

List of abstracts:

https://congress.cc.jyu.fi/helsinki2015/schedule/proceed.html

 

List of participants:

http://www.culturalsustainability.eu/final-conference/COSTconferenceparticipants_all.pdf

 

The final publication of the COST Action IS 1007 “Culture in, as and for Sustainable Development” and the executive summary:

http://www.culturalsustainability.eu/outputs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *