Non hai política sen afectos. Visibilizando presenzas.

mulher foucinho

Acción da Rede Feminsta Galega en Compostela o 28 de novembro de 2009.

Fonte nomepisesofreghao

Escrito a moitas mans, a moitas miradas, a moitos pensamentos. Texto caleidoscópico.

[Elo&]

(&) (Viña da reunión semanal que facemos no mumble coa cabeza abombada, correndo. Quen será. Dixo o do bolso dos hippies do Villar.)
(elo) (mándolle un whatts, paréceme que pode ser ela) Tes o pelo rizo?
(&) (Citarse na Plaça Revolució con descoñecidxs non é… Aí.)
(elo) (Logo debe de ser &)
(&) Ei. Que sabes de O monte é noso?  Miraches o blogue? (Boa idea non poñe-lo pistón automático, &. É ben saber que fala a xente de Valadares do proxecto, mesmo como comunicamos a través da rede)
(elo) Sodes xs posmodernxs de Valladares
(&) (Latigazo. Veña, respira fondo)
(elo) Coñezo o proxecto, pero moi desordeadamente. Teño todas as pezas esparcidas:  ideas, webs, blogues, crónicas de diversos encontros, persoas que vou atopando nas redes…  preciso dun ovo que ligue todos os ingredientes.
(&) Comunícolle o proxecto como me sae, fago un repaso dos contidos, do nosos obxectivos, das motivacións colectivas expresadas na I Malla
(elo) Logo, facedes política, é un proxecto político…
(&) Creo que o posicionamento é claro. Creo que facemos unha diagnose completa sobre unha situación. Creo tamén que hai unhas ferramentas enriba da mesa pra tentar alomenos visibilizar e conectar partes dunha realidade. Máis aló do dilema de se é un proxecto político ou non, que esto hase ver co tempo, creo que se está a facer políticamente. (Esta tía ten que entrar no Lar). Que cres que poderías aportar Lar de Investigación comunal?
(elo) (penso que pra min é unha sorte empezar o ano embebida nesta creatividade.)
Neste momento estou traballando na tesina do máster do “Intitut Interuniversitari de Dones, Gènere i Ciutadania” de Catalunya… pero iso non importa, o que importa é que son feminista, e esta condición – ou decisión-  levoume a preocuparme pola participación das mulleres na xestión e aproveitamento do que é seu, é decir, do común.
Penso que históricamente e en todos os lugares da terra, as mulleres foron desposuidas do seu. Tiven a sorte de velo, vivilo, estudialo no contexto urbano informal da capital de Camerún, Yaundé, onde traballei durante un ano e medio, e de experiencialo dende pequeniña no contexto rururbano de Valladares.
(& ) Escoito. Si, hai moito por loitar. E creo tamén que hai moito que compartir sobre o ideario e a práctica do procomún a través da túa experiencia, máis non sei até que punto che interesa esa etiqueta.
(elo) Penso que o procomún é un significante baleiro… (de súpeto penso qué é realmente difícil falar de significantes baleiros. Doume conta que preciso ordear ideas.
É grazas a esta conversación que chego a unhas conclusións cando menos, provisonais. Ao día seguinte atópome pensando así: 
“O primeiro que unha  quere facer absolutamente cando se achega académicamente a eso do  “procomún” é definino, e así, moi cedo unha atópase coa primeira gran dificultade de intentar definir un termo moi complexo, con moitos  fíos.
Segundo Ostrom, o procomún (o que ela chama Common Pool  Resources- CPR) serían cousas como a terra, a auga, mesmo o vento…  cousas das que podemos sacar proveito material ou inmaterial e que non  pertencen a ningunén e ao mesmo tempo pertencen a todxs. Logo, o  interesante para min e cómo se xestiona; cómo se organiza ese organismo que xurde do procomún e que o “aproveita”  ese ente vivo que latexa e que produce, e que preña a realidade de diferentes experiencias. 
Non hai unha norma única, instaurada, para organizarlo. Nese sentido, o  procomún é unha condición de posibilidade, un significante baleiro no que caben formas de organización que mesmo poderían resultarme incómodas ideolóxicamente, é decir, pode organizarse xerárquicamente, por  exemplo… ou todo o contrario, pode ser unha organización hiperdemocrática, horizontal e cunha forte vontade asamblearia. De ahí que o proceso continuamente creativo do procomún implique necesariamente un posicionamento político constante. Por iso é necesario non perder a perspectiva da igualdade. O procomún é de todxs, por tanto, terá que ser feminista ou non será” )
(&) Dubido como plantexar a presenza desto no Lar. Dunha banda a súa investigación ten entidade pra ser un apartado en si mesmo. Pero ha ser unha transversal dentro do proxecto mesmo e non ha quedar alleo a cada un dos dispositivos que plantexamos. Cartografías colaborativasLar han acoller moi ben esta visión. Podemos incluso plantexar residencias tamén que reforcen a visibilidade das mulleres na xestión dos montes comunais e outros recursos coma os muíños. (quéntome)
Levamos seis meses falando de Valadares, das problemáticas das comunidades  de montes da zona, fíxosenos de noite no Monte Alba. andivemos polo Galiñeiro, no concerto de Os Gru en Alg-a… (E teño en frente a algúen que medrou ahí, ó lado da pantasma do novo hospilal en construcción… Qué ha pensar das nosas andanzas por alí, coñecerá a actividade de alg-a lab… qué lle ha aportar o proxecto como veciñx )
(elo) Penso que o feito de que Valadares sexa unha parroquia moi próxima a Vigo, a unha das grandes cidades galegas, a máis industrializada, ten impactos moi visibles, tanto a nivel  paisaxístico, como nos modos de vida como nas vivencias políticas e sociais. A “axenda  conflictual” dos movementos sociais e veciñais contrúese en torno á  necesidade de defenderse dunha urbanización agresivísima e depredadora có medio cós recursos naturais e os modos de  vida.
 
A estrada que vai á universidade, o novo megahospital, o “parque tecnolóxico” (un eufemismo dunha serie de naves industriais ahí colocadas sin xeito)… fixeron voar polos  aires modos de vida e experiencias de microeconomía informal… mesmo certo patrimonio histórico, como algún muiño do río do Foxo, por exemplo… dende logo, a  vinculación entre o  movemento social e veciñal  e o entorno  natural é clave na  defensa do territorio.
(Mentres falo dáseme por pensar qué me aportaría o alg-a lab? … e a medida que a conversa avanza, entendo que o proxecto que estou a coñecer  é unha experiencia que pode dar sentido pleno á chamada “investigación acción”. Non ten sentido a “nous” pensante allea ás experiencias políticas do entorno. Por outro lado.. qué sorprendente e qué sorte que xordan estas iniciativas tan suculentas ahí ao lado da miña casa… e eu sémpre buscando tan lonxe, persuadida por ese mito de que canto máis alleo máis interesante…)
(&) Andivemos ahí no verán na Feira Imaxinaria, dentro do Summer of Labs http://feiraimaxinaria.tumblr.com/ Oiche falar dela?  Topámonos moitas persoas relacionadas co software e hardware libre, transfeminismos, procomún…  amosando, repensando e reensamblando os nosos corpos, ferramentas, programas… Foi grande. De unha serie de conversacións online previas xordera o Nodo Montes Comunais,  a semente do proxecto do que agora che falo. Estiveron varios presidentes de comunidades de montes e sorprendéronnos bastante.
(elo) por qué?
(&) O seu interese na dimensión inmaterial dos montes e a súa acollida ó proxecto, vírono necesario e quixeron apoialo.
(elo) Curioso, en qué sentido inmaterial?
(&) Falabamos dos afectos, das redes de apoio mutuo, de propoñer accións e intervencións artísticas ou doutros tipos nos montes, de futuros imaxinados…
(elo) Vaia… o monte como algo moito máis aló dun agregado económico…
(&) Si, absolutamente. O proxecto traballa a multifuncionalidade dos montes. E pon fincapé en aspectos menos visibles destes como as relacións sociais que se establecen en torno a eles. Que che fai pensar?
(elo) uf, a dimensión inmaterial é persoal… é propio dunha esfera privada, a dos afectos, que non se mistura coa pública na que sí se fala do monte… da res pública, vaia…
Chegastes a unha dimensión persoal, simbólica…feminista?
(&) Nesas dúas reunións con elxs…non. Nin de lonxe. En realidade han ser totalmente conscientes de que se alguén garante a existencia do rural da zona e a continuidade desta xestión dos montes son as mulleres. Son quen levan na práctica unha vida rural e agraria. Máis creo que intúen que visibilizalo afectaría radicalmente ás redes de poder existentes, mesmo en eidos de loita e resistencia coma na xestión dos montes en man común isto é unha constante.
(elo) Penso que aquí xurde un  paradoxo. Sendo as mulleres  as que máis habitan este rururbano e seguindo o esquema segundo o cal a  maioría de homes traballa na cidade  industrial, mentres que a maioría das mulleres aportan á economía familiar có traballo do seu minifundio, o feito de que a defensa do procomún se faga dende os espacios públicos (asociación de  veciñxs, asociación de montes en man común…) provoca que a experiencia, a voz, as demandas das mulleres quede moitas veces relegada ou silenciada… ou como mínimo, en segundo plano. Isto non quere decir que as mulleres non particpen, non creen, non  produzan non xeneren… nin moito menos, todo o contrario. Así que  visibilizar  a  pegada das mulleres e as súas experiencias na xestión do procomún parece ser un grandísimo reto.
(&) Andiven revisando a listaxe de Presidentxs de comunidades de montes de Galiza. Atopeina. Chámase Pilar e é de Merelle. Haberá máis. Máis que sintomático é este dato, non. Hai 3000 comunidades no país. Qué pasa.
(elo) (Pregúntome si & será feminista tamén. Pregúntome pola súa experiencia política, de vida, de obra, pero penso que o irei descubrindo pouco a pouco e que non ten sentido formular preguntas e deixar correr os afectos. 
Enseguida o descubro…)
(&) (Non ten sentido que me defina feminista aquí. O potente de dicilo é o contexto, e que se corte o aire. Creo que hei ser pra ela un sachador queer travestido, especialmente)
É unha constante tamén no ámbito tecnolóxico, un espazo de poder. No subgrupo Cartografías ningunha de nós é programadora máis entendemos a importancia da capacitación dixital e da aprendizaxe de linguaxes de programación. Empregámolas coma ferramentas permeables e abertas mediante as cales comunicarnos, conectarnos…
E esta sorte de códigos de guerrilla son claves pra esto. Cremos que se trata de impoñer un espazo dentro da tecnoloxía, da rede… que sempre pertenceu ás mulleres. Coma a xestión e o uso do muíño, a ceba do cocho común, coma o coidado dxs veciñxs da parroquia…Trátase da posta en foco do buraco, dos 0 que operan e viven online. Logo han aparecer as mans suaves e finas [e tamén outras ásperas e peludas…] que cortan, ensamblan, encapsulan, montan, teclean, desencriptan, rastrexan, reciclan compoñentes e reconfiguran sistemas.
(elo) (penso todo o que poido aprender de software libre con (&) e xs demáis)
(&) Estamos a aprender moito da xenerosidade recíproca dx compañeirx de O monte.
En xeral estanse a poñer en práctica novos xeitos de entender as relacións sociais, baseadas na cultura do compartir, abrir e conectar. Dilúese a autoría pola participación. Acababamos de comentar na reunión de agora que é moi excitante notar como en proxectos colaborativos xorde unha caste de intelixencia colectiva que multiplica a das partes. A mistura de fundidos…
(elo) penso que non hai política sen afectos. Emocióname estar a construir afectos.
Tomamos unhas birras e un café.
Elo ía prá casa.
& seguía.
(&) Penso que quedan moitas entradas por facer. Moito que pensar. Penso nunha sobre o muiño do Foxo. Outra sobre a recursiva incursión dos tentáculos peperos en asociacións de mulleres rurais. Outras nas que nos destiles a Ana Sabaté Martínez, Josepa Bru, Alicia Puleo, Elinor Ostrom…
(&) Entras no lar, logo,
(elo) Entro a sachar! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *