O 10 de maio imos encher o Monte de Cabral na defensa dos montes veciñais en man común

AntesDespoisCabral

 

Os montes veciñais en man común vénse ameazados a cotío. Máis non sémpre hai un movemento tan esperanzador na súa defensa. Aínda que xs comuneirxs votaron polo “Non” no referendum do pasado novembro en contra da cesión dos terreos, o monte veciñal en man común de Cabral, en Vigo, segue en perigo polos intereses da súa propia Xunta Reitora e a empresa Eurofund. En comunión con institucións públicas e empresas de comunicación, pretenden expoliar o monte comunal e construir nel un mega centro comercial e de ocio neste territorio, na liña dos que a empresa británica está a replicar en Puerto Venecia en Zaragoza ou Puerto Mediterráneo en Valencia.

MonteCabral

Os montes veciñais son un claro exemplo de Mancomún, (equipamentos, infraestruturas ou terreos que pertencen a unha comunidade de persoas que habitan un lugar determinado e que as xestionan de xeito comunitario, tales como os montes veciñais, as canles de regadío, os muíños parroquiais, os campos da festa, os fornos comunitarios, moitos locales asociativos,…). Estas comunidades de veciñxs teñen a propiedade destes montes sempre e cando residan nese lugar. Estes montes son de propiedade veciñal e non poden ser herdados, nin vendidos, nin divididos (ver artigo) Este último feito é o que provoca que moitas empresas pretendan usurparllos ás súas comunidades debido a que dispoñen de territorios extensos.Unha vez máis as elites estractivas pretenden usurpar o que é do comúns dxs veciñxs. A comunidade de veciños de Cabral leva xestionando de forma comunal este monte dende hai séculos. Nin o liberalismo no XIX nin tan sequera o franquismo foi quen de roubar estes montes veciñais ás comunidades veciñais que os xestionan.

O monte de Cabral situado no Concello de Vigo é un pulmón verde da cidade que ven sendo desfrutado por moitos e moitas veciñas da cidade. Dispoñer dun espazo destas características nunha cidade é unha golosina/ pelotazo para moitas empresas como Eurofund. A Xunta Reitora da comunidade, ás costas da veciñanza, iniciou hai máis dun ano as negociacións con esta empresa. A opacidade marcou este proceso, mais na asamblea, celebrada hai un ano, a maioría dxs veciñxs decidiu non permitir o arrendamento do seu monte a esta empresa, porén a Xunta Reitora segue coa súa teima de facelo. A perda deste monte veciñal non é so unha perda dun monte se non unha perda dun espazo de socialización dos veciños, que verían como, unha vez máis, se privatizan os espazos públicos.

 

CartazPrimavera

 

As presións son amplas mais a defensa continúa, por eso o 10 de maio moitxs veciñxs decidiron celebrar a II Primavera de Cabral. Lembrando como o ano pasado a comunidade de veciñxs foi capaz de artellar un movemento que foi quen de facerlle fronte aos intereses das mega corporacións e defender unha vez máis o que é do común dos veciñxs. Mais non debemos baixar a guarda, estas elites usurpadoras do 1% seguen na súa teima. Por eso debemos acudir á chamada da veciñanza de Cabral, que celebrará o sábado 10 de maio un acto festivo e reivincidicativo á vez. Contará cunha andaina que comezará as 19:30 e a partir das 21:15 Tonhito de Poi anunciará os convidadxs da festa, entre os que estarán o Leo  Arremecaghona, as pandereiteiras de Urdime, Fume de Caroso, Gaita&cia, Tino Baz e Sanamá.

 

E se non podes acudir pedímosche que apoies a campaña online con o ht #OMonteNonSeVende (o dia 10)

 

Festa e loita na defensa dos comúns, valo perder?

One Reply to “O 10 de maio imos encher o Monte de Cabral na defensa dos montes veciñais en man común”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *