O luns 16 as 20:00 falaremos sobre o webdoc

webdocisnot

Iniciamos unha nova andaina dentro de O monte é noso. Trátase dunha serie de encontros que se irán sucedendo ao longo do tempo e que versarán sobre múltiples cuestións, sempre centradas nas diversas formas de facer/pensar/sentir… os comús. Poñemos interese en como establecer narrativas en torno a eles, como comunicalos de xeito proactivo. Esta iniciativa chámase #montesutópicos.

Temos aprendido moito grazas a serie de encontros #thinkcommons ( + info en http://thinkcommons.org/) e cremos que este tipo de encontros poden ser moi útiles para todxs nós para seguir camiñando na construción desta formas de relacionarnos co espazo que nos rodea. #montesutópicos quere ser unha xanela aberta a participación e colaboración de persoas interesadas en abrir estes debates.

E quen nos acompañará nesta primeira ocasión?
Contaremos coa presenza de María Yañez, coa que poderemos ter a ocasión de falar sobre as posibilidades narrativas do webdoc. Con ela falaremos de narrativas trans/cross/…media e de posibilidades dos documentais interactivos, das narrativas non lineais, de ferramentas interesantes, de librarías de vídeo online ou do que xurda,  sémpre dende unha perspectiva DIY e opensource.

María é xornalista, investigadora e productora de contidos dixitais. É co-fundadora de A Navalla Suiza e co-dirixiu o documental Linguas Cruzadas entre outros moitos proxectos. Ten escrito en medios coma Embed artigos ben interesantes coma “El audiovisual que viene nace de la web“, o “Informe: documental interactivo. Con la realidad sí se puede jugar” ou “Voyeurismo contra la línea de tiempo“. Ven de participar no popathon barcelona polo que ha estar contaxiada dun encontro no que contadorx de historias, deseñadorxs e programadorxs estiveron toda unha fin de semana intensiva prototipando.

Quixemos iniciar esta serie de encontros co debate arredor dos webdocumentais porque precisamos ferramentas á hora de de narrar certas problemáticas que existen en torno aos comúns, e nomeadamente en torno aos montes veciñais en man común e as comunidades que os xestionan.

Os webdoc permiten entre outras cousas a creación de relatos multimedia que poden incorporar unha infinitude de recursos a parte do video (e mesmo sen el!) como información online extraida de redes sociais, materiales paralelos coma imaxes, audios…,  e unha variedade de aplicacións participativas. Por este motivo, o debate sobre estas narrativas pode ser moi interesante para aquelas persoas, coma ti, ás que lle guste contar historias.

Esta  sesión comezará o luns 16 de decembro as 20:00h. e para participar teste que unir a mumble. A ferramenta mumble http://mumble.sourceforge.net é un chat de voz tipo skype ou o hangout de google pero é software libre. Tes que instalalo e o configuras seguindo ao asistente. Lembra que cando configures o teu Audio hai unha tecla que é a que che permite activar o micro. Tes que mantela pulsada para falar. O pad do encontro: https://saramaganta.info:9001/p/montenoso46.

_________________

Mini Manual de configuración:
ABRE MUMBLE:
Vai a Servidor- Conectar
Agregas novo servidor e escribes:
Etiqueta: mancomun
Enderezo: mumble.saramaganta.info
Porto: 64738
Nome: o teu nome/nick
estamos na sala: mancomún

 

 

Imaxe. “Web Documentary Manifesto” no Ravensbourne College de Londres, no marco do Mozilla Festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *