O Monte é noso, gañador do Premio 10×10

10x10

A proposta [O Monte é noso_Sachando procomún] ven de recibir un dos premios concedidos no Concurso 10×10 convocados pola Fundación Contemporánea e o Concello de A Coruña sobre Emprendemiento Cultural  http://www.fundacioncontemporanea.com/10×10-publica-a-coruna/

Esta proposta que presentamos a este concurso foi galardona co premio de 2000€, ao igual que Furancho de Arte Contemporánea e Roboclica. O premio otorgouse a tres proxectos dos 25 seleccionados nunha convocatoria estatal na que participaron 120 proxectos estatais e tras un porceso de avaliación levado a cabo por un comité de cinco expertos: Natalia Balseiro (especialista en xestión cultural), Lucía Casani (Directora de cultura da Casa Encendida), Alberto Fesser (Socio de La Fábrica e director de Fundación Contemporánea), Paulo Rodríguez (Director do Teatro Rosalía Castro de A Coruña) e Manuela Villa (Responsable do programa de actividades de Matadero Madrid).

O obxectivo do noso proxecto é facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan, así como impulsar procesos de (re)apropiación destes montes por parte das súas comunidades. O interés en impulsar estos procesos de reactivación destas comunidades radica, dende o noso punto de vista, na necesidade de estudar novos modelos de gobernanza así como analizar, comprender e impulsar esta diferente concepción da propiedade, que racha coa clásica dicotomía público/privado.

Para isto é necesario, e neso é onde fixemos especial fincapé, coa proposta O Monte é noso_Sachando procomún en poder observar, explicitar dalgunha maneira esas relacións que se construen nestas comunidades, ver como se dan esos afectos, en como as comuneiras tecen redes de apoio mutuo. En definitiva, coñecer este patrimonio invisible que se xenera nestas comunidades veciñais. É por isto, que o mapeo destas subxectividades debe realizarse mediante narrativas non lineais, nos que xs protagonistxs sexan xs propixs comuneirxs.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *