O Monte é noso_sachando procomún únese ao #wikisprint

wikip2p

Mañá martes 20 de marzo terá lugar o #wikisprint, este encontro internacional ven sendo un proceso de documentación colectiva e mapexo de experiencias, que ten a súa orixe nas comunidades de programadores informáticos de Python, unha das linguaxes máis populares do software libre. A práctica extendeuse a outros ámbitos, como a escritura de libros colectivos. A P2P Foundation, entidade que lanzou este encontro internacional, realiza wikisprints para mapexar experiencias ao redor destos novos paradigmas.

O proxecto O Monte é noso_sachando procomún, xunto aos colectivos que forman parte do proxecto únense ao nodo impulsado por alg-a Lab para traballar neste proceso de documentación colectiva e no mapexo de iniciativas vinculadas ao procomún e as prácticas P2P.

A nosa participación neste encontro quere fomentar a vinculación dos montes veciñais en man común con esas novas prácticas que se están extendedo ao longo do mundo en torno ás novas formas de relacións entre pares. Entendemos que as prácticas que se dan nos montes veciñais teñen moito que ensinar e moito que aoprender destas novas realidades. Por este motivo, e polo obxectivo último de facilitar a visibilidade deste modelo de procomún, queremos estar presentaes neste encontro internacional

O PROGRAMA NODO ALG-A LAB
11:30h presentación do COOP GZ Imaxinaria de Cultura Libre
13:00h presentación do proxecto mapa subxectiva de Valladares
14h pausa :: xantar común
16:00h presentación do proxecto encontro nacional de Arquitecturas Colectivas 2013
16:30h presentación do proxectos agronautas & PEZ [estudio] => lab agroestación
18:00h presentación BITCOIN (moeda P2P)
19:30h presentación O Monte é Noso_sachando_procomun

Como conectarse:

10:00h apertura punto de streaming Alg-a Laboratório para presentación de proxectos http://giss.tv:8000/alg-a.ogg ou http://bambuser.com/channel/alg-a

sala de chat #P2PwikisprintGZ en http://webchat.freenode.net/

streaming xeral http://thinkcommons.org

twitter HT #P2PWikisprint participación en debates e xeración de información

Teñen confirmada a súa participación no #wikisprint máis de cen organizacións, redes, colectivos, empresas, institucións, do Media Lab Prado de Madrid, ao colectivo SurSiendo de Chiapas, da Escola dos Comúns de Barcelona a CulturaPeru, da Secretaría de Economía Creativa do gobierno de Brasil ao colectivo Hacktivistas, de Inicitaiva Focus a moitos grupos vinculados ao movemiento 15M, Goteo.org, FixMedia.org, La Lata Muda, entre outros.

Máis info sobre o wikisprint en http://p2pfoundation.net/Spanish_P2P_WikiSprint/es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *