O 24 de Xuño estivemos con José Manuel Bretón, presidente da CMVMC de San Antón (Irixoa). É unha comunidade coa que temos estado en contacto desde os comezos do proxecto montenoso, coñecemos a súa historia e temos visto como foi cambiando nestes últimos 6 anos.
Á reunión asistiron Sergio Boade, ex-presidente da CMVMC do Monte Raño (Irixoa), e José Manuel Yglesias, presidente da CMVMC de Carballo (Friol) e membro do grupo operativo. A reunión foi moi gratificante, xa que puidemos compartir experiencias e solucións específicas a problemas comúns que suceden en varias comunidades veciñais.

Falamos do proxecto O monte no móbil, do desenvolvemento da app http://montenoso.net/blogue/wp-content/uploads/2016/11/mockup-montenoso-2-606x1024.jpg, de como xurdiu e cales poden ser as súas funcionalidades, e lle preguntamos a José Manuel Bretón polos intereses específicos da comunidade á que pertence. Respondimos ás cuestións plantexadas no formulario (ti tamén podes facelo) e confirmamos a súa participación como comunidade piloto no desenvolvemento da app móbil.
Despois, ao caer da tarde, fomos dar unha volta polo monte en mancomún.

Outros artigos de O monte no móbil:
O Monte no Móbil en icomunales
O Monte no Móbil en Doniños
O Monte no Móbil na CMVMC de Carballo