Os Bens en Man Común, Existen!

DSC_0477

Atopámonos nos Ancares, en ruta dende xa fai varios días, entre o Bierzo e Galicia. Atravesando unha faldra de brañas elevadas, desas nas que os pastores levaban, e algúns aínda levan, o gando cando chega a primaveira. A ratos dalle por neviscar. Perto da hora do xantar facemos un alto no camiño cando damos contra unha cabana pequecha e ben arranxada: muros de pedra, teito de lousa e unha fiestra miúda de madeira nun dos seus laterais. Na súa entrada, pintada sobre unha placa de pedra, hai unha inscipción de xiz:

“ESTA CABAÑA ES PROPIEDAD DEL PUEBLO DE URIA”
A porta non ten cadea. Solo unha sorte de tarabelo. O xiramos e entramos. Unha pequena lareira con madeira seca, algunhas porcións de comida coa data na que se deixaron, unhas rústicas liteiras mesmo con sacos de durmir…  A cabana ten escrita unha serie de apuntes que seica a maioría das moradoras adoita respectar:

“Esta es una cabaña de pastores del pueblo de Uria. En su restauración colaboraron muchas personas del pueblo y también ajenas, con mucha ilusión y con mucho  sacrificio. Se tú también uno de los que ayudan a conservarla: Mantenla limpia, barrida, con los cacharros. Mucha gente  aportó voluntaria y desinteresadamente todo lo que hay en ella. Recoge leña seca y déjala en su interior. Mantén llena la leñera: si llueve y hace frío y no hay leña no puedes secarte y calentarte en su interior. Baja la basura, hay que conservar el entorno limpio. Si dejas algo de  comida para los que vengan, guárdala en los tarros. Cualquier aportación será bien recibida por todos los que la disfrutamos.”

Pousamos as sacas e acendemos o lume cun chisqueiro que atopamos no aparador da que será a nosa vivenda durante algunhas horas. Xantamos. Quentamos o corpo. Secamos a  roupa. Miramos pola fiestra a neve… A luz do inverno está a desaparcer e xa comezamos a pensar en irnos deitar. A noite pasa. O abrir o día erguémonos. Fora a nevada é forte e preferimos ficar un pouco mais no noso lar…

 uria

 

Abadonamos o lugar dos comúns a media maña cando escampa e continuamos o noso camiño, recargados coa súa enerxía…

Os Bens en Man Común, existen!

DSC_0504
DSC_0506

uria2

 
 
 
 
 
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *