Políticas, intervencións e narrativas

Con la nube en la cabeza de Carlos Monleón
Con la nube en la cabeza de Carlos Monleón

O martes 1 de outubro mantivemos unha reunión co artista e investigador Carlos Monleón, co que queriamos manter un conversa arredor de políticas, intervencións e narrativas. Nesta reunión fixemos un repaso a diferentes cuestións como poden ser como poden facer as intervencións/resistencias para acadar os obxectivos plantexados. A isto Carlos Monleón afirmou “é importante que as intervencións/residencias busquen e desenvolvan estratexias para poder entrar nesas economías afectivas, pero tamén é importante ver como se poden manter co paso do tempo esas intervencións. Cómpre crear ferramentas que avalíen, en certa medida, esas intervencións”.

A propósito desta cuestión Iñaki, compañeiro de Rural C comentou as metodoloxías que usaron en intervencións que tiñan realizado e comentaron que na maioría das veces, realizaban valoracións posteriores, a un ou dous anos vista, para poder determinar se co paso do tempo estas comunidades levaran adiante certas ideas plantexadas durante estas intervencións. Á vez Iñaki comentou que era bo buscar eses lazos coas comunidades locais e que unha boa forma era a través do folk. Así é unha boa forma de acercarse aos seus discursos propios. 

Alex, de Tecnoloxías Apropiadas, detallou, que dende o seu punto de vista, non se trata só de facer un revival das historias locais, non manter visións costrumbristas, senón hackealos, adaptalos e reinterpretalos tamén ás novas necesidades. Para el ese é o punto forte, o de re-activar o imaxinario sobre as ruralidades. Aínda sí a visión máis tradicional, as tradicións, o folk, tampouco debe ser esquecido, debe ser transmitido ás novas xeracións.

Para Carlos Monleón, é preciso revalorizar os coñecementos locais como coñecementos adquiridos co paso do tempo e que estes facilitan a xeración de discursos emancipatorios, como puideron facer a través da arte as teorías queer ou as feministas, visión que todos compartimos. Descentralizar os discursos, desxerarquizalos e comunicalos na súa multiplicidade é fundamental neste caso para non caer en tópicos neocoloniais.

Ante esta afirmación, preguntamos como se poden traballar esas cuestións máis persoais, locais, sen caer nunha excesiva personalización Para Carlos e para nós tamén, é interesante traballar espazos de representación, tratar os conflitos candentes nas comunidades dende estratexias de representación diversas en función da cuestión a tratar. Así a través da distancia e mediante o uso de linguaxes variados permitirase reflexionar sobre esas outras cuestións máis problemáticas. Introducir o humor como ferramenta podes ser moi potente como ferramenta de comunicación. No caso galego a retranca danos posibilidades expresivas moi interesantes.

Ó gallo da comunicación do noso proxecto ó exterior Iñaki preguntou que tipo de linguaxe debíamos usar. Hai unhas semanas que fluctuamos entres unha linguaxe máis didáctica, descriptiva e obcectiva e outra más conceptual e máis filosófico-política. Sobre isto Carlos comentou que é fundamental o uso de linguaxes compartidas e sobre todo saber a quen nos diriximos. A filosofía emprega linguaxes compartidas. Manexa uns conceptos moi específicos e ás veces moi abstractos, mais pódense usar na súa comunicación recursos como poden ser as fábulas, por exemplo, ou eses sistemas de representación dos que falamos anteriormente. O máis importante é chegar a eses espazos comúns e ser conscientes dos contextos aos que nos diriximos. Sobre isto Iñaki comentou como o humor pode ser unha boa estratexia, de como dende os contos se explicitar dunha forma sinxela e amable estas realidades que queremos retratar.

Temos que xerar discursos, narrativas que traten coñecementos locais, máis centrados no lugar, no local é preciso. Sobre isto laiábase Fran de Artesáns da innovación, quen comentou a falta deste tipo de espazos que investiguen sobre estes coñecementos locais no ámbito rural e as nova liñas de investigación que si existen noutros centros de investigación máis innovadores. Sobre isto Carlos comentou que quizá si existen certas prácticas universalistas dende os discursos que se xeneran dende as cidades e polo contra os discursos xerados dende o rural so se centran nestas microcomunidades e non ten un afán tan universalizador. Comentamos que o propio Lar de Investigación Comunal do proxecto O Monte é noso pretende cubrir esta eiva e traballar na xeración de discursos e narrativas dende o propio

Andrea de Constelaciones comentou que a través do traballo de campo de Xeografías do Mancomún estábanse a desenvolver diferentes estratexias de como transferir estes coñecementos a outros sectores. É dicir, se é posible que coñecementos tan centrados no lugar, e en certo modo hiperlocais sexan extrapolables a outros eidos. Para Carlos si é posible transferir eses coñecementos a outros territorios, e considera que hai que darlle valor aos coñecementos hiperlocais e que si é posible nalgúns casos trasladalos espazos.

Carlos Monleón tamén afirmou que é bo ter coidado cos medios de comunicación, sobre todo no referente ao que transmiten, que en moitas ocasións poden deturpar as verdadeiras significacións dos proxectos. Por iso “é moi importante documentar ben o traballo artístico ou de investigación”.

O debate e a conversa foi máis amplo do que podemos relatar, mais para aquelas que estean interesadas en participar neste tipo de encontros han de saber que dende o mumble sempre poden acceder a estas reunións. Convidámosvos a participar con nosoutras nestas reflexións.

Ah, esquecíasenos. Carlos moitas grazas por ter participado neste encontro, foi moi grata a conversa. Agardamos verte sachar connosco no Lar de Investigación Comunal.

One Reply to “Políticas, intervencións e narrativas”

  1. Ola, apunto aquí o tema do folk e a tradición.

    É moi importante plantexarse innovar coa tradición.
    1- ter o coñecemento da tradición, coñecela, explorarla e saber practicala.
    2 – pervertila, e adaptala os nosos tempos, con novas ferramentas, e cambios estructurais. (non imos mantener esas cousas da tradición que están obsoletas o que son excluintes)

    Sobre como valorar as intervencións, en RuralC a experiencia demostra que as comunidades implementan aquelas ferramentas que lle son mais apropiadas, esquecedendo ou deixando en desuso outras que aprenderon. Isto é o que valoramos al cabo do ano/2 anos.

    apertas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *