presentación do PROGRAMA DE ESTUDOS EN MAN COMÚN RURALIDADES, FEMINISMOS E COMÚNS

Imaxe Presentación

Este xoves 21 de abril ás 12:00 faremos a presentación do PROGRAMA DE ESTUDOS EN MAN COMÚN RURALIDADES, FEMINISMOS E COMÚNS.
O Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns  impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e a comunidade artística Montenoso, e unha amplia rede de colaboradores, entre eles o MARCO de Vigo, o MediaLab Prado, concellos, comunidades de montes e espazos autoxestionados  ven de obter apoio da prestixiosa fundación franco-española Daniel & Nina Carasso
O encontro terá lugar no Salón de actos do MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, rúa do Príncipe 54
Nesta sesión participan:
Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea (USC)
Andrea Olmedo, co-coordinadora de Montenoso
Alberto Covelo, presidente da comunidade de montes de Vincios (Gondomar)
convite PEMAN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *