Primeiro encontro EU amo fedellar

O pasado día 23 de Outubro celebrouse o primeiro encontro EU <3 Fedellar en Láncara, Lugo. Consiste nunha comunidade de persoas que fedellan entorno a aparellos ou dinámicas vinculadas ao rural, baixo unha lóxica de código aberto. Unha comunidade que está comezando a articularse con este primeiro encontro. Xa estamos pensando en traballar nalgún proxecto común ou en voltar a xuntarnos para compartir os nosos fedellos.
Imaxe dun módulo creado dende MakersLugo para controlar diversos parámetros dun tractor.
Imaxe dun módulo creado dende MakersLugo para controlar diversos parámetros dun tractor.
Imaxes dun dos fedellos (aínda en construcción) que trouxo un rapaz. Unha porta automatizada con células fotosensibles para que se lles peche ás galiñas o galliñeiro ao facerse de noite. Este prototipo tamén emite a melodía de "stars wars" para que as galiñas asocien o son ao peche da porta.
Deixámosvos algunhas das presentacións do encontro. Para ver toda a documentación acceder ao: canal de youtube da RedeRevolta      

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *