PROXECTOS/ACCIÓNS

algúns dos proxectos que estamos sachando ultimamente :

Montes sen Xente, Xente sen Montes

É un proxecto que está na primeira fase, no que colaboramos con Joam Evans da CMVMC de Froxán (Lousame). Consiste nunha ferramenta para localizar Montes Veciñais en Man Común (MVMC) que están sen comunidades activas. Ofrece unha estimación de cales son as parroquias con MVMC máis interesantes para repoboar en Galicia.

Estes montes MVMC son susceptibles de ser retomados por nova veciñanza comuneira, orixinaria, retornada, vinculada ou allea á comunidade, a través da residencia efectiva, permitindo a posta en valor dos territorios e facilitando a repoboación das zonas máis abandoadas. Nalgúns casos, a reactivación das Comunidades supón o acceso inmediato a un fondo económico onde se acumularon ingresos procedentes da participación nos convenios/consorcios forestais, servidumes de liñas eléctricas, eólicos, etc. Estes fondos poderían facilitar a posta a punto de servizos básicos en comunidades abandoadas ou inactivas, como infrastructuras e servizos para as comunidades ou posta en marcha de aproveitamentos do monte.

O monte no Móbil

Consiste en crear e dinamizar unha aplicación para dispositivos mobiles que permita o acceso á información relativa as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Galicia (CMVMC). Esta app amosará datos xeolocalizados das comunidades, do patrimonio material e inmaterial, e da xestión dos seus recursos, aportando visibilidade as súas infraestructuras, servizos, actividades e produtos. A app axudaráa compartir experiencias e fomentaráunha rede de intercambio de conecemento e cooperacion entorno ao ManComún.

Para levalo adiante temos formado un grupo operativo que lidera a CMVMC do Carballo, Friol. O proxecto está en fase de busqueda de financiación, tratando de reformular o grupo operativo e os seus membros, e pendente das próximas convocatorias.

Neste proxecto colaboramos tamén coas CMVMC de San Antón en Irixoa, CMVMC de Froxán en Lousame, a comunidade dos Montes do Cha en Doniños, e a empresa Innoto, solucións TIC para a participación cidadá.

Podes ver os artigos relacionados con este proxecto na etiqueta Monte no móbil.

Reapropiación dos Montes do Cha

Dende o 2015 acompañamos á comunidade veciñal de San Román e Brión en Doniños pola reapropiación dos Montes do Cha. Temos participado con eles en varias accións e eventos , temos feito mediación e axudado na difusión das súas accións Tamén temos entrevistado aos axentes implicados neste proceso de reapropiación.Podes ver todos os artígos relacionados con este proxecto na categoría reapropiación , ou na etiqueta Montes do Cha.

PEMAN. Programa de Estudos en Man Común

O Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns, é un espazo crítico de pensamento e acción. Podes acceder a web do proxecto en estudosenmancomun.gal .