Publícase o artigo Desde la desarticulación al presente de los MVMC en Galicia

JuradosPalabras02

Un dos investigadores sociais que forma parte do proxecto O monte é noso_sachando procomún, Francisco G. Quiroga, ven de publicar o seu artigo de investigación Desde la desarticulación al presente de los montes vecinales en mano común en Galicia na revista Teknokultura, no seu volume nº 10 adicado aos laboratorios do procomún.

A revista Teknokultura reúne folgos colectivos co propósito de profundizar en contenciosos tecnosociais, posicionándose ante os mesmos e incitando a “participacións aumentadas”. Nesta ocasión os obxectivos deste número son:

(i) reflexionar sobre as modalidades do procomún e as súas realizacións; ou de outra maneira como o procomún é pensado e configurado en dominios sociais específicos como a arte, a ciencia ou o activismo.

(ii) Relacionar os bens coas instituciones públicas ou privadas así como preguntarse polas relacións que o procomún establece co público e o privado, e como o público repensase á luz dos comúns.

(iii) Estudar prácticas específicas que contribúen á producción do procomún en localizaciones concretas, preguntándose polas prácticas, recursos e saberes que é necesario mobilizar para traer á existencia o procomún.

En canto ao artigo publicado na revista, este fai referencia a, que, os montes veciñais ao igual que as sementes, o folklore, ou o software libre son claros exemplos do procomún en tanto existe unha comunidade que autoxestiona este ben de forma colaborativa, establecendo unhas normas que procuran garantizar a sostenibilidade deste ben.

Apúntase no artigo que a pesar da importancia inherente desta modalidade de procomún, ao longo do tempo existiu un proceso de desarticulación destes montes en aras a privatizar estos bens. Este proceso provocou que se en 1800 os montes veciñais en man común representaban entre 1,8 e 2 millones de hectáreas en Galicia, na actualidade existan so 640 000 hectáreas.

A importancia deste texto radica na medida en que procura acercar os montes veciñais a outros modelos contemporáneos de producción e distribución do coñecemento, poñéndoos ao par, en tanto ambos forman parte dos nosos comúns.

Aquí podes acceder ao texto completo:
http://teknokultura.net/index.php/tk/article/view/78/pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *