Que buscamos

E que buscamos co proxecto Visualizando os montes comunais

Converter as comuneiras nas protagonistas, non en ausentes, no devir dos montes comunais e do mantemento das comunidades rurais e garantes da cohesión interna e da propia supervivencia destas estruturas.
  • Facilitar ou polo menos procurar a (re)apropiación destes espazos por parte do conxunto dos galegos, facelo noso, en tanto é unha singularidade propia.
  • Acercar os montes comunáis á cultura dixital pode propiciar a transformación destas realidades, co obxectivo de entendelos dentro da lóxica do procomún.
  • Facilitar fluxos de comunicación entre as comuneiras e posibilitar a creación de redes entre eles e a propia sociedade e por extensión á nosa propia cultura.
  • Coñecer como se xestionan alternativas á propiedade pública e á privada e ver primeira man como se constrúen estes modelos comunitarios e que relación establecen co mercado e co “público”
  • Coñecer/visualizar/interpretar as relacións que teñen as galegas no rural co territorio, que significado lle dan á “terra”, que ben sendo, en definitiva, algo máis que un espazo físico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *