Quen ten Baldío ten unha grande vantaxe

“Ê lamentável que o Estado tenha persistido em encarar o problema da serra apenas pelo lado do aproveitamento.”

(Aquilino Ribeiro, Quando os Lobos Uivam, 1958)

A  pasada fin de semana estivemos no II Encontro Europeo de Montes Veciñais e Desenvolvemento Rural, organizado por ORGACCMM e coñecimos a persoas con liñas de traballo ben interesantes. Unha delas é Pedro,  da Federaçao Nacional dos Baldíos (Portugal).

baldío

En Portugal os Baldíos son as terras comunais, e concéntranse sobre todo no Norte e no interior do país lusófono. Hai documentos históricos que atestiguan a existencia destes montes; e aínda no 1875 os baldíos comprendían máis de 4 millóns de hectáreas; porén coa instauración do Estado Novo en 1925 o proceso de desnaturalización e desarticulación destes montes, ao igual que ocurriu na Galiza, foi evidente, pasando a representar 450.000 hectáreas (aproximadamente o 5% da superficie do país veciño). Máis info aquí

O Pedro explicounos como as zonas rurais con baldíos están sendo poboadas por xente nova con proxectos dinamizadores. Entre outras cousas contounos un proxecto relacionado coa resina dos piñeiros, no que unha empresa se compromete a contratar a veciñas do baldío onde se fai a actividade, xerando emprego nas aldeas e mantendo os coñecementos.

Pola contra a situación dos comúns está sendo ameazada dende a administración portuguesa, que quere declarar a Lei dos Baldíos como inconstitucional.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *