Sumándonos ao Dia da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal

O grupo de colectivos que formamos parte do proxecto O monte é noso_sachando procomún sumámonos á iniciativa de conmemorar o“Dia da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal “

O 22 de xaneiro de 1973, era asasinado pola Garda Civil, Ché de Pedro, veciño da parroquia de Eirón en Mazaricos, cando con outros veciños trataba de evitar a usurpación do monte veciñal.
Non debemos esquecer este feito, e por iso que na memoria destas persoas que loitaron pola salvagarda deste patrimonio único, que son os montes veciñais en man común, queremos sumarmos a esta efeméride e lémbralo escoitando este vídeo que mostra o Festival Son d´aldea e que conta coa canción Un aradiño de pau de A Quenlla

[vimeo 45782334 w=500 h=281]

Son d’Aldea from sondaldea on Vimeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *