Estamos no Artropocode

logo_artropo2012_2

Dende o 19 deste mes ata o 29 de agosto estase celebrando en Compostela a residencia aRtropocode no espazo Baleiro, un deses poucos exemplos que aínda quedan en Galiza que transitan entre o activismo/militancia e a institucionalidade cultural.

Este encontro enmárcase dentro dos Summer of Labs que se levan celebrando hai xa uns anos, e que nesta ocasión, polo menos en Compostela, traballa as intereseccións artísticas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s). Entre os proxectos cos que se está traballando, atópanse:

_Consultoría electrónica musical para os proxectos participantes [Familiar Fest] que procura fabricar placas de circuito impreso ou levar un circuito electrónico á mesa de traballo.

_Streaming de video coa Rapsberry Pi [Pedro Ângelo] que ten como obxectivo explorar as posibilidades do rasperry pi como plataforma autónoma para streaming de video

_Hacking de códigos emocionais [Helen Torres e Lucre Masson] que queren crear e experienciar colectivamente ferramentas para hackear os códigos emocionais.

_CartografictiONs – Pequenas Máquinas de Inventar Mundos [David da Paz] A idéia é expandir o conceito narrativo multiplataforma a partir de uma construção de uma narrativa transmidial móvil em ambientes urbanos, e potencializar as  características multimídia e nômade  intrínseca dos  smartphones

_“TransMeighacks” (eixo de traballo transversal) [Quimera Rosa (Cecilia Puglia & Yan Rey)] Este proxecto transdisciplinar propón, a través da hibridación da figura do cyborg e da meiga, experimentar prácticas e identidades que escapen a binomios como natural/artificial, humán/máquina, humán/animal, home/muller, homo/hetero, arte/vida, ciencia/pre-tecnológico…

_Sexualidade desde corporalidades non-estándar [PostOp] Prototipar prácticas e/ou instrumentos, próteses.

E tamén están presentes Fran Quiroga, Andrea Olmedo e Xeito, participantes do piñeiro de producción de O Monte é noso, que co proxecto: As áreas de descanso, espazos sexuais, aspiran a analizar como as áreas de descanso foron hackeadas en función das necesidades sexuais  e afetivas de moitxs durante décadas e a necesidade de reapropiarse destas dende o queer.

Tedes máis información sobre estes proxectos, aquí:

 

O proxecto O Monte é noso_sachando procomún estará presente o sábado 24 as 19:30 na Casa da Fariña, en A Coruña, dentro da viaxe que organiza a residencia aRtropocode a cidade herculina. Esta charla titularase “Os Summer Labs como espazos do encontro, o caso de O Monte é noso un ano máis tarde” e pretende mostrar o traballo que se ven realizando neste último ano, xa que cumplimos un ano de existencia.

O monte é noso_sachando procomún naceu ao abeiro do anterior Summer of Lab realizado en Galiza, daquela no Laboratorio Alg-a en Valladares (Vigo), nesa Feira imaxinaria na que presentaramos o nodo sobre os montes en man común e que resultou ser esa semente deste proxecto. Polo tanto, o que queremos mostrar é como este tipo de encontros, os summer labs, son lugares de encontro que facilitan a interacción entre moitas persoas.

Esperámosvos na Casa da Fariña o sábado para falar un pouco sobre os comúns e os encontros,     transitas con nós?

P.D.: A Casa da Fariña é a sede da cooperativa Hábitat Social e está situada no número 6 da Praza de Azcárraga da Coruña, un dos lugares máis bonitos desta cidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *