Un relato do noso paso pola Fundación Cerezales

sendas

O 25 de maio, un dos colaboradores do proxecto O Monte é Noso, Fran G. Quiroga estivo presente na Fundación Cerezales, situada nas antigas escolas de Cerezales del Condado, un pobo a 23 km. de León. Este encontro títulabase “El procomún rural: el caso de los montes vecinales en mano común en Galicia

O obxectivo era facer un repaso ao traballo desenvolvido polo investigador, máis sobre todo explicar os por ques do proxecto O Monte é noso_sachando o procomún.

A charla-debate enmárcase dentro da iniciativa Sendas, un programa de Etnoeducación que procura, tal e como reza o cartel, camiñar hacía outros modelos de vida. A importancia deste tipo de encontros é o de ter a posibilidade de que dende o rural tamén se poida debatir en torno a esas outras alternativas á modernidade. É por iso, que este tipo de encontros axudan a conectar as ideas que xurden dende espazos non urbáns e que na maioría das ocasións son esquecidos polos discursos hexemónicos.

Así o coñecemento local, as formas de relación co medio que o rodea, a forma de entender e construir as paisaxes, a relación de propiedade coa terra, son algunhas das formas que definen ao medio rural. A existencia de institucións deste tipo veñen suplir unha das grandes eivas do medio rural, que é a de dispor de espazos nos que se poda pensar e entender os coñecementos situados e xerados dende espazos non-urbáns e conectalos con outros lugares.

O obxectivo desta charla, era a de explicar a importancia dos montes comunais, en tanto estes son un fenómeno social no que as propias comunidades son quen de facer norma e de procurar garantir a sustentabilidade da terra a través da toma de decisións colectivas. O que se procura con este proxecto, tal e como xa temos dito noutras ocasións, é a de estudar estas realidades, así como procurar que as propias comunidades se (re)apropien destes montes.

Consideramos, e asi o quixemos poñer de manifesto neste encontro, que os montes comunais ou veciñais, como os leoneses, poden ser un gran exemplo para a construcción desas outras alternativas noutros espazos ou noutros ámbitos.

Deixámosvos o vídeo deste encontro e de novo aproveitamos a ocasión para darlle os parabéns a esta Fundación por trazar esos outros camiños, que tanta falla nos fan. Entre todas poderemos ir camiñando cara outras realidades, as veces so é cuestión de ollar cara o que temos máis preto.

Sendas ’13 _ “El procomún rural: el caso de los montes vecinales en mano común en Galicia” por Fran Quiroga from Fundación Cerezales on Vimeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *