Wikeando o mancomún en Galiza

¿Que é un Monte Veciñal en Man Común? ¿Cal é o seu marco xurídico? ¿E o seu modo de xestión? ¿En que se diferencian os Montes en Abertal dos de Propios? ¿Que teñen en común a xestión dos proxectos software libre e a dos diferentes modelos de  MVMC?

 Wiki

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende o Piñeiro levamos tempo buscando unha forma orgánica e aberta mediante a cal difundir as achegas do Lar de Investigación Comunal. Achamos que unha Wiki1 sería o formato ideal para volcar documentación que está espallada na rede, en bibliografía espacializada ou documentación particular de difícil acceso.

Plantexámola coma un espazo onde compartir coñecemento dun xeito participativo e aberto. Os temas centrais son o procomún e os montes veciñais en mancomún. Lanzamos un Glosario para ver e ampliar os termos definidos, poñendo fincapé no de MVMC.   Animámosvos a inscribirvos no Portal de Editor@s, nun intento de achegar e poñer en relación a proxectos, persoas ou colectivos. Por último, poñemos en común os  Referentes que imos recolectando.

Invitamos a comuneirxs, invtetigadorxs, interesadxs e curiosxs a que vos adentredes neste monte do man común en Galiza en forma de rede  e a que plantedes nel ou que fagades medrar todo tipo de documentación. Han ser benvidos referentes e ideas [en formato texto, vídeo, links…] que nos axuden a entender e construír entre todxs o foi, é e (quizabes) será o mancomún no noso país.

1A wiki está creada con Media Wiki, software para wikis libre programado en PHP baixo licencia GNU General Public License.

One Reply to “Wikeando o mancomún en Galiza”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *