• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Camiñando pola nova web e polo monte en O Carballo

Cartel O monte en Rede

O próximo 16 de maio presentamos a nova web de montenoso e coorganizamos un encontro coa Comunidade Veciñal do Monte Veciñal en Man Común de O Carballo (Friol, Lugo) no que daremos conta da nova web, asi como faremos un roteiro polo monte cos seus veciños e veciñas, rematando cun xantar popular.

Un dos obxectivos de montenoso é apostar polo uso das tecnoloxías da información como ferramenta necesaria para tecer unha rede entre as comunidades de montes, asi como tecer un lugar como repositorio/arquivo, onde poder visualizar todas as accións que estamos a desenvolver. Por iso vimos de desenvolver unha nova web, máis moderna, responsiva e cunha forma de visualizar os contidos máis intuitiva. Ademais presentamos a nova cartografía do mancomún onde poder visualizar todos os montes veciañis en man común que existen no pais, e onde sobre todo, poder subir contidos que permitan ir coñecendo como as comunidades de veciños xestionan e viven os seus comúns.

Queremos aproveitar esta ocasión, á da presentación da web e a cartografía, para coñecer o traballo da Comunidade Veciñal do Monte Veciñal en Man Común de O Carballo (Friol, Lugo) e ver como é posible apostar pola multifuncionalidade do monte; coñecer daquela, como se pode valorizar o monte.

Animámosvos a participar no Encontro Os Montes en Rede, que terá lugar o sábado 16 de maio.

O horario é o seguinte:

10:00 – 10:40 Presentación nova web de montenoso + cartografía do man común (Centro social do Carabllo)
10:45 – 13:00 Camiño ao monte
13:00 -16:00 Xantar popular

É preciso anotarse enviando un email a carballovivo@gmail.com ou a ola@montenoso.net.

O Centro social localízase na Estrada AC-934, 27228 Friol, Lugo, a 6 Km dende Friol, dirección Sobrado dos Monxes, Coordenadas decimais 43.023777, -7.865398, Coordenadas Xeograficas: 43º 1′ 26,23” N, 7º 51′ 55,50” W.

Web da Comunidade Veciñal do Monte Veciñal en Man Común de O Carballo, en Friol http://www.mvmcdecarballo.es/

Ligazón do evento no facebook: https://www.facebook.com/events/767829776658438/

Escribe un comentario

Your email address will not be published.