• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Crónica do Encontro Comúns Situados

1625555_855369781145517_513032587_n

“Non buscamos a parcialidade porque si, senón polas conexións e aperturas inesperadas que os coñecementos situados fan posibles”(Haraway, 1995,338)

O pasado sábado, 1 de marzo, tivo lugar o Encontro “Comúns Situados”, xornada heteroxénea impulsada por montenoso e desenvolvida en varios espazos: o MARCO de Vigo, a Casa de Montes de Valadares e o Alg-a Lab.

Participaron as Comunidades de Montes de Valadares, Argozón, Mántaras, Guillade e Cabral, así como o piñeiro de montenoso ao completo. Arredor dunhas 60 persoas asistiron pola mañán ao encontro, entre comuneirxs, o equipo do montenoso e demáis interesadxs, ademais dxs compañeirxs do programa ‘La aventura del saber’de RTVE.

O Encontro deu comezo cunha breve presentación do proxecto Montenoso, a cargo de Andrea, quen explicou este proxecto que procura a visibilización dos montes veciñais en man común galegos. De seguido, da man de Iñaki, tivemos ocasión de coñecer a instalación “Xeografías do mancomún” (parte da expo colectiva Os Veraneantes, no MARCO, na planta baixa). Esta intstalación nace da visita a distintas comunidades de montes veciñais e procura buscar espazos de enunciación colectiva nos que dar voz á realidade dos MVMC.

visita a instlación

A continuación, xa no auditorio seguiuse a desenvolver a Xornada; era a quenda das presentacións e o debate entre as Comunidades
Fran Quiroga, falounos da experiencia levada a cabo na Comunidade de Mántaras en Irixoa en 2012 por integrantes do Laboratorio do Procomún do Medialab Prado. Produto desta visita é a polifonía de escritos “Montes, vacas e procomún” que recolle distintas visións en torno aos comúns, atendendo a variables como o tempo, os afectos, os montes, ou as comunidades de 18 persoas participantes. Son “microutopías, micromundos”.

Pódese conseguir esta polifonía de escritos nesta ligazón:

http://medialab-prado.es/mmedia/12/12297/12297.pdf

923497_855370051145490_633979179_n

A continuación, Alex moderou o coloquio posterior entre as comunidades participantes. Un/ha representante de cada unha delas fixo unha breve descrición de cal fora a traxectoria da mesma, contexto, problemáticas e casos de éxito. Ao marxe das cuestións puramente descritivas, falaron dos perigos cos que ten que lidiar o monte galego: a súa visión como solo barato por axentes especulativos, as políticas nefastas en materia forestal (plantación de especies foráneas, desinterese por parte da administración, falta de plans silvícolas sostibles,…), abandono e non consideración do monte como un ben de todxs, desacordos entre comuneirxs, a necesidade dun relevo xeneracional, ou escasa participación das mulleres nas xuntas reitoras.

A CCMM de Cabral está en loita contra a construción dun macro centro comercial en terreno comunal, polo que a reivindicación da existencia do monte marcou a intervención de Santiago Barciela.

Pola súa banda, Jorge da CCMM de Argozón repasou a loita da comunidade para obter o seu, un beneficio económico digno pola enerxía eólica xerada no seu monte.

Asemade dende a CCMM de Mantarás, aínda sendo conscientes das dificultades ás que se enfrontan, deixaron patente que non é unha batalla perdida nin moito menos. En palabras de José Manuel Bretón “futuro si hai pero difícil”.

Pola súa parte, Camilo Fernández da CCMM Guillade fixo fincapé no alto nivel de entendemento que hai dentro da súa Comunidade e a apertura cara novas experiencias, presenza na rede e participación da xente nova.

A CCMM de Valladares, das poucas presidida por unha muller, Rosa Fernández e cuxos principais cargos directivos están en mans de mulleres, relatounos como unha comunidade pode ser autosustentable, grazas en parte ao alto nivel de participación e de consensos que propicia o traballo conxunto entre a comunidade veciñal.

De toda a exposición e debate posterior no que tomaron parte xs demais asistentes ao encontro, quedamos coas seguintes ideas:

Necesidade dun plan estratéxico a longo prazo, consensuado entre administracións e Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de cara a un aproveitamento sostible, aposta por actividades cun alto valor engadido (transformación) e liña clara de actuación (non fluctuación de políticas e subvencións).

Fronte a política de subvencións, o establecemento de prezos xustos.

Valorización do monte como un ben común e non como “diñeiro fácil”.

Cooperación entre comunidades.

Encontro interxeracional: participación dxs novxs, en diálogo cos saberes tradicionais.

Novos usos do monte, baseados na sustentabilidade e no equilibrio.

O monte, non só como “madeira” senón como un ben patrimonial e cultural. Actuacións nas que o monte sexa parte de proxectos sociais e/ou culturais.

A xornada continuou nun ambiente máis distendido e festivo. Do MARCO trasladámonos a Valladares para compartir un xantar na Casa de Montes de Valladares, no que as CCMM aportaron variadas viandas. Como non podía ser doutro xeito, a conversa e o intercambio de experiencias continuou durante a comida. O xantar convertiuse, como sempre, nun espazo de socialización e de conversa. Moito se aprende nos xantares!!

Xa que o tempo non acompañou para facer o roteiro pola CM de Valadares a pé, despois de consensuar entre xs comensais as distintas alternativas propostas para a tarde, optouse por facer unha pequena viaxe en autobús ata o Mirador do Cepudo e o Monte Alba, quedando xs participantes emprazadxs a voltar para poder gozar das vistas sobre a ría de Vigo.

E como remate, festa no Alg-a Lab, onde nos sentimos coma na casa e nos arrincamos a botar unhas cantarelas, mentres tomábamos unhas cervexas. Do espazo de Alg-a Lab chamou especialmente a atención dxs, maiormente comuneirxs de Argozón, a cheminea rusa, da que Alex nos explicou os seus rudimentos, ademais do proceso de construción, un proceso colaborativo a moitas mans. Todo isto é máis dou de si o Encontro Comúns Situados do sábado. O próximo #comunsituados en Argozón?

1898071_855371151145380_2047343457_n

Estivemos a documentar o encontro con vídeos, tweets e apuntamentos sobre a xornada. Máis sobre o encontro:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-28-02-2014-761695#.UxCzKH3Nid4.twitter
http://praza.com/movementos-sociais/6624/privatizanse-prazas-sementes-conecementos-iso-e-o-que-une-estas-loitas/
http://www.youtube.com/watch?v=cuK-i7JPPCE
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/arte-y-debate-alrededor-monte-mancomun/20140302014347405567.html
http://algalab.weebly.com/foliada-monte-noso.html
http://www.marcovigo.com/es/content/encontro-com-ns-situados
http://chuza.gl/story/encontro-comuns-sitiados
http://ocio.farodevigo.es/agenda/pontevedra/espectaculos/vigo/eve-829934-comuns-situados-foliada-clausura.html

Por último só queda agradecer a todxs a colaboración e participación para o desenvolvemento do Encontro,

P.D As fotos foron sacadas polxs amigxs da Asociación de veciños de San Vicente de Argozón https://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-de-veci%C3%B1os-de-San-Vicente-de-Argoz%C3%B3n/842611909087971

Escribe un comentario

Your email address will not be published.