Encontro Comúns Situados


FlyerCSituados_v2

O vindeiro sábado 1 de marzo convidámosvos a un encontro coas comunidades de montes participantes na instalación Xeografías do mancomún, que forma parte da exposición Veraneantes [MARCO. Planta Baixa]. Con este encontro buscamos achegar ás comunidades á exposición, acadando así un espazo de comunicación e intercambio entre elas.

Dende o montenoso cremos que a procura de espazos de enunciación dos coñecementos locais sobre os comúns é unha tarefa prometedora e urxente. Di Arturo Escobar que ‘o coñecemento local é un modo de conciencia baseado no lugar, unha maneira lugar-específica de outorgarlle sentido ao mundo’ (2000, 125, Escobar). Nesta liña un dos obxectivos prioritarios é achegarnos, documentar esta realidades, visibilizalas e poñer en relación estes coñecementos con outras manifestacións dos comúns. Apostamos pola creación de narrativas dispersas que rachen os discursos homoxeneizantes que obvian ás comunidades.

Buscamos abrir os comúns a debate, na contra daquelas tendencias que procuran un novo enclosure dos mesmos, facilitando desta maneira eses ‘outros modos de subxectivación’ (Guattari, 60). Di Guattari que a ‘tentativa de control social, a través da produción de subxectividade a escala planetaria, choca con factores e procesos de resistencia considerables, unha revolución molecular’. Cremos fundamental a conexión destas microrresistencias e a activación de redes de apoio entre elas, así coma a creación de espazos de enunciación colectiva que dan conta delas.

<Os tempos:

11h a 12h. MARCO, Planta Baixa. Encontro e presentación da instalación ‘Xeografías do Mancomún’, que forma parte da exposición ‘Veraneantes’.

12 a 12:30 Salón de Actos. Presentación do libro ‘Montes Vacas e Procomún’ polo seu coordinador Fran Quiroga.

12:30 a 13:45 Presentación das Comunidades de Montes participantes a cargo dxs seus comuneirxs e coloquio.

Intervirán:

Rosa Figueroa_CM Valadares

José Antonio Diéguez_CM Argozón

José Manuel Bretón_CM Irixoa

Camilo Fernández_CM Guillade

Santiago Barciela_CM Cabral

13:45 MARCO, Planta Baixa. Visita libre á exposición ‘Veraneantes’.

14:30 Saída a Valadares, á Casa de Montes.

15:00 Xantar Popular na Casa de Montes de Valadares*

16:15 Roteiro polo Monte Comunal de Valadares

18:30 a 21 Alg-a Lab, Valadares. Encontro e foliada.

*XantarPopular:

_Cada persoa/comunidade ha levar comida da zona, agardamos poder compartila entre todxs

_A inscrición no xantar facémola no PAD https://saramaganta.info:9001/p/montenoso44 [Pide confirmación máis está nun server seguro! ]

 _O xantar farase na Casa de Montes. Camiño da Igrexa Valadares. Vigo

 
Ver mapa más grande

<Máis información

omontenoso@gmail.com / @montenoso

<Organiza 

montes_favicon images alg-alogonegro

 

3 comments to “Encontro Comúns Situados”

You can leave a reply or Trackback this post.
  1. continuamos a romería coa sesión de electrónica live NEOCORETEX e djs sets invitad@s; apartir das 23h http://algalab.weebly.com/club-electroacutenica.html noite CARNAVAL =)

Escribe un comentario

Your email address will not be published.