• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Montenoso na retrospectiva Digital Communities 2004-2014

Montenoso en Digital Communities 204 2014

Montenoso ven de ser escollido na publicación Digital Communities 2004-2014. Selected Projects form Prix Ars Electronica. A retropspectiva supón un acercamento ao concepto de comunidade dixital e conta coas colaboracións de Howard Rheingold, André Lemos ou Joichi Ito cun texto no que analiza as estéticas da internet.

A retrospectiva conta cun repaso dos galardonados, tanto os Golden Nica como as mencións honoríficas ao longo destes ultimos 10 anos no prestixioso festival Prix Ars Electronica e permite ver toda unha evolución da net-art. Ademais conta cunha selección de 30 proxectos, nos que está presente Montenoso.

Na Retrospectiva podemos hipervincularnos con proxectos tan importantes como Open Street Map, Drupal ou Global Voice, ou tamén co Campo de la Cebaza, Goteo ou Ifixit. A obra, asimesmo, conta cunha entrevista que nos fixeron os editores e nela facemos un breve repaso ao traballo impulsado polo colectivo nestes últimos tres anos e imos respondendo a outras cuestións, como as relacionadas co futuro do propio proxecto.

Ter sido seleccionados nesta Retrospectiva é para nos un recoñecemento ao traballo impulsado dende a completa militancia a prol dos comúns, e en concreto sobre os montes veciñais en man común e as súas comunidades. Ademais supón un reiterado agradecemento ao ter sido premiados cunha Mención de Honra no Ars Prix Electronica de 2014

Aqui podes ler a publicación Digital Communities 2004_2014

Escribe un comentario

Your email address will not be published.