“O monte no móbil” en Doniños.

RuralC como entidade co-coordinadora de montenoso xunto a CMVMC do Carballo en Friol estamos a formar un grupo operativo entorno á posibilidade de crear unha aplicación para dispositivos móbiles que permita o acceso á información das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Galicia. Esta App amosará datos xeolocalizados das comunidades, do patrimonio material e inmaterial e da xestión dos seus recursos. Queremos que serva para dinamizar o mancomún, para que as comunidades compartan información e recursos e para fomentar unha conexión e relevo interxeneracional, tan necesario.

Este martes 20 de Xuño estivemos en O Confurco, Doniños (Ferrol), nun encuentro informal con comuneiras dos montes veciñais en mancomún no entorno da lagoa de Doniños. Os Montes do Cha pertencentes ás parroquias de Brión e San Román de Doniños e os montes de Pena da Mula, Pozas da Lagoa, Coto do Cal e San Xurxo, da parroquia de San Xurxo da Mariña. Coñecemos a estas persoas desde o comezo do proxecto montenoso. Foi unha alegría atoparnos outra vez e contarnos as novidades, ver que Tono segue xenial, que Varela segue a tope, e que as comunidades seguen activas nas súas loitas por recuperar os Montes do Cha. Tamén aproveitamos o encontro para falar das abellas, dos montes e de cousas da vida.

Comezamos a reunión contándolles a orixe do grupo operativo, por que xurdiu, como se está formando y cales son os obxectivos. Explicámoslles como xurdiu a idea de facer unha app, e que foi o resultado de observar como as comuneiras manexaban as TIC. Levamos cinco anos visitando distintas comunidades CMVMC de Galicia e temos visto que moitas persoas maiores (e novas) usan internet no móbil e non desde o ordenador.

Ensinámoslles o boceto/mockup e un posible deseño da app. Despois, abrimos un debate entorno ás funcionalidades e ás posibilidades que pode ter a app. Falamos tamén do seu finanzamento e viabilidade.

Recollemos as súas valoracións e mais as súas propostas. Parécenos importante o feito de que neste encontro estivemos presentes diferentes xeneracións, así que piudemos acadar unha visión ampla e interxeneracional sobre esta posible app.

Despois de falar, cada persoa participante completou o Formulario "o monte no móbil". Ti tamén podes completalo online.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.