“O Monte no Móbil” en icomunales

O pasado día 23 de Xuño estivemos a presentar e debatendo sobre "O monte non móbil" nas Xornadas: Comunais e veciñais. Áreas comunitarias en Galicia, organizadas por Iniciativa Comunales, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nas xornadas participaron representantes de comunidades vinculadas á xestión común de recursos naturais de diversos lugares de España, así como simpatizantes dos comúns vinculados a territorios. A rede que está tecendo icomunales está conectada tamén con outras iniciativas internacionais. Nesta rede destaca a presencia de algunhas comunidades de montes en mancomún, como a CMVMC de Santiago de Covelo, a CMVMC de Froxán (Lousame), ou a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Morrazo.

Na nosa presentación explicamos brevemente o traballo de montenoso nas súas diversas liñas de actuación. Amosamos o proxecto da app, e contamos a orixe do grupo operativo, como xurdiu a idea e como se está formando.

Abrimos a participación a todas as comuneiras a través do
formulario O monte no móbil, e conseguimos tecer unha alianza coas representantes da CMVMC de Froxán, que amosaron o seu interese en ser unha das comunidades piloto ou testeadoras da app.

Tivemos unha interesante charla co avogado Calixto Escariz sobre a situación legal de certas comunidades que seguen a estar nun proceso de recuperación y reapropiación dos seus Montes.

Ensinando a pegada do mancomún, as 640.000 hectáreas de superficie que ocupan as CMVMC en Galicia.
Podes vela na Cartografia de montenoso.

Outros artigos de O monte no móbil:

O Monte no Móbil en Doniños
O Monte no Móbil na CMVMC de Carballo

Escribe un comentario

Your email address will not be published.