O Monte no móbil. Encontro na CMVMC do Carballo. Friol.

O sábado 12 de Novembro estivemos con @CarballoVivo en Friol, na xuntaza "O monte no móbil".
Asistimos Iñaki, Pablinho e Vane de montenoso, Mucha, as dúas Ángeles, José Manuel e Lito da CMVMC do Carballo , Sergio coa súa experiencia na CMVMC do Monte Raño (Irixoa), e Juan como representante da CMVMC Monte Xalo (A Coruña).

Estivemos vendo a proposta da aplicación móbil feita polo equipo montenoso.
Falamos da relación que están tendo as comunidades co entorno dixital.
Fai un par de anos non atopabas case ningunha comunidade nas redes sociais. Das 2.800 comunidades de montes en man común do país, agora mesmo temos unhas 52 con perfil no facebok e 2 no twitter.

Falamos dos posibles perfís que usarían esta app.
Os nosos maiores teñen moito que contar, e teñen tempo, e cada vez máis están usando os dispositivos móbiles conectados a internet.
En xeral e cada vez máis, as persoas non usan ordenadores e soamente se conectan a internet con dispositivos móbiles.

Paralelamente á xuntanza, nos días de antes, sacamos este formulario * dirixido a comuneiras de calquera comunidade de montes en mancomún. Ainda podes participar e deixar a tua opinión.

Valorando a utilidade da aplicación móbil:
A xente decidiu diferenciar dous tipos de utilidades, aquelas dirixidas ás persoas de fóra da comunidade e as que son para a propia comunidade.

fóra
Atopar Comunidades de Montes en man común.
Ver os servizos do monte, infraestructuras, rutas, áreas recreativas.
Ver os eventos e productos das comunidades (Madeira, mel, porco celta, resina, cogumelos, froitos de bosque, castañas.)
Fomentar a conciencia ecolóxica e de respeto polo monte e a biodiversidade.
Ver boas prácticas e poder contactar coas comunidades.

dentro
Poder comparar comunidades.
Arquivo de patrimonio material e inmaterial:
_ Marcar no mapa cousas de interese para a comunidade.
_ Marcar no mapa historias e patrimonio inmaterial da comunidade.
Engadir outros puntos que non son do monte propiamente, pero que son parte da comunidade como veciñanza da parroquia.
Como na web da CMVMC de Vincios.

Deixámosvos algunhas peticións do formulario:

Ortofotos, xeolocalización, planimetría, eventos, festexos, adicacións, producións, etc.
A sombra das árbores, os sitios onde vas merendar coa neta.
Escombreiras, puntos de vertidos ilegais, niños de vespa asiática, puntos de interese etnográfico, petroglifos, mámoas, etc.

Valorando a viabilidade da aplicación móbil

En canto á financiación aparecen dúas propostas:
1) Pedir unha subvención. En concreto, falamos dun PDR. Varias persoas do grupo comprométense a traballar nesta vía.
2) Financiación colectiva.
Falouse de non estar esperando subvencións. Tratar de financiala polas persoas interesadas. Nesta vía o seguinte paso sería facer unha xuntanza nalguna comunidade de Vigo ou Pontevedra, para ir construíndo unha comunidade interesada entorno á app, capaz de microfinanciala a través de pequenas ou medianas doacións.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.