O Monte no Móbil na CMVMC de San Antón en Irixoa.

O 24 de Xuño estivemos con José Manuel Bretón, presidente da CMVMC de San Antón (Irixoa). É unha comunidade coa que temos estado en contacto desde os comezos do proxecto montenoso, coñecemos a súa historia e temos visto como foi cambiando nestes últimos 6 anos.

Á reunión asistiron Sergio Boade, ex-presidente da CMVMC do Monte Raño (Irixoa), e José Manuel Yglesias, presidente da CMVMC de Carballo (Friol) e membro do grupo operativo. A reunión foi moi gratificante, xa que puidemos compartir experiencias e solucións específicas a problemas comúns que suceden en varias comunidades veciñais.

Falamos do proxecto O monte no móbil, do desenvolvemento da app http://montenoso.net/wp-content/uploads/2016/11/mockup-montenoso-2-606x1024.jpg, de como xurdiu e cales poden ser as súas funcionalidades, e lle preguntamos a José Manuel Bretón polos intereses específicos da comunidade á que pertence. Respondimos ás cuestións plantexadas no formulario (ti tamén podes facelo) e confirmamos a súa participación como comunidade piloto no desenvolvemento da app móbil.

Despois, ao caer da tarde, fomos dar unha volta polo monte en mancomún.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.