O monte no móbil

O vindeiro día 12 de Novembro, de 11:00 AM a 17:30 PM, temos unha xuntanza nas instalacións da CMVMC de Carballo, en Friol.
Convocamos a comuneiras e representantes de CMVMC´s de todo o país a falar da relación que están tendo as comunidades co entorno dixital e a desenvolver a idea dunha aplicación móbil para as CMVMCs.
Queremos facer un proceso aberto, contrastar si esta ferramenta pode ser funcional para as comunidades, e coñecer cales serían os intereses e prioridades.

Podes participar dende xa a través do formulario online

Evento en facebook

Invitamos a comer ás participantes que se acheguen ate Friol.
Se queres asistir manda un mail a ola@montenoso.net

Centro social de Carballo
Centro social localízase na Estrada AC-934, 27228 Friol, Lugo, a 6 Km dende Friol,
dirección Sobrado dos Monxes, Coordenadas decimais 43.023777, -7.865398,
Coordenadas Xeograficas: 43º 1' 26,23'' N, 7º 51' 55,50'' W.

Boceto da app :

Escribe un comentario

Your email address will not be published.