• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Participación en “Culture the city and the commons”.

Por Iñaki López
Edición de estilo: Vanesa Castro

Durante os días 29, 30 de xuño e 1 de xullo, estiven representando a @montenoso no encontro #culturecitycommons en Sevilla, organizado por Zemos98.

O encontro plantexaba unha serie de preguntas iniciais:
- ¿Cal debe ser o papel das persoas involucradas nos procesos culturais?
- ¿Como podemos importar as prácticas artísticas no contexto político?
- ¿É posible integrar as estratexias que veñen do mundo cultural para mellorar os procesos de participación?
- ¿Podemos concibir a cultura como un ben común e para mellorar as nosas democracias a través desta idea?.

Para debatir e atopar respostas a estas cuestións fomos invitadas 25 persoas de diversos perfís, vinculadas a movementos sociais e culturais, aos commons, a procesos participativos e ao marco institucional.

Durante o encontro fomos coñecendo as diversas experiencias das persoas participantes, compartindo recursos e coñecemento en asembleas convocadas e grupos de traballo, así como en numerosas charlas "extra oficiais". O evento estaba artellado para fomentar a interacción entre as diversas axentes.
O encontro foi unha posta en común de diversas prácticas que se están a facer dende os movementos sociais e dende as institucións, xeitos de relacionarse entre as persoas, as comunidades e o medio. Poidemos adentrarnos nas estructuras dos proxectos e nos seus matices, comprendenso diversos xeitos de actuar dende o cultural, o social e o político.
Un abanico de experiencias moi interesantes e algunhas moi impactantes. Entre elas:
Cambiamo Messina da base
Solidarity Clinics
E dúas conectadas directamente co rural. A nosa (montenoso), e a Fundación Cerezales interesente proxecto integral de arquivo e dinamización dun territorio en León.
Estivemos traballando en grupos tomando 5 destas iniciativas como casos de estudo reais. Analizando a súa historia, aprendendo dos seus logros, e vendo as súas dificultades e necesidades.
Na web do encontro www.culturecitycommons.eu publicaranse os resultados do encontro.
Podedes ver xa este slide, que dun xeito gráfico moi divertido conta esta parte do encontro:
Na presentación pública do 29 de Xuño, na Casa Sahara, tivemos a oportunidade de explicar a nosa comunidade @montenoso.
Durante esta presentación fun amosando o seguinte slide:
Expliquei que é a propiedade en mancomún, e o marco legal e organizativo das comunidades que as xestionan. Falamos da historia do mancomún, de como este modelo de commons de orixe ancestral sobreviviu ao auxe do público e ao liberalismo da república e á ditadura fascista. De como se recuperaron os montes na "transición democrática" mediante a Lei De Montes Veciñais en Mano Común e de como se perderon moitos outros.

Continuei falando de como a revolución agro-industrial e o capitalismo neoliberal mudaron os usos do monte e as relacións entre as comunidades e o medio. Falamos da perda de comunidade no rural, da perda de coñecementos e de oficios, do consecuente despoboamento, e do cambio na paisaxe e na paisanaxe. Apuntei a idea de que o monte era un cordón umbilical da vida da comunidade, e de como esta conexión medio-persoas foise desligando.

Para amosar como a nosa comunidade está traballando pola visibilización e dinamización das CMVMC (Comunidades de Montes Veciñais en mano Común) de Galicia fun enumerando os dispositivos que temos implementado:
a web e o entorno dixital coa súa wiki, noticiario e cartografía, e as accións ou eventos que estamos a desenvolver: Visitas ás comunidades, eventos de formación, de investigación, de encontro e de difusión.
Frente ao despoboamento e ao monocultivo de produción cortoplacista (como exemplo de explotación neoliberal do monte) dende montenoso apostamos pola multifuncionalidade do monte, e para amosar un exemplo vivo falei da CMVMC do Carballo en Friol.
Fomos vendo tamén outras boas prácticas, usos e actividades que se están a facer no monte.
Apuntei as Cartografías sensibles da CMVMC de Vincios como un exemplo en canto á recollida de patrimonio inmaterial, como a fala, a música, as tradicións, etc.
E a Rapa das Bestas da CMVMC de Friol como evento que parte dun ben material: as bestas, que son coidadas e que limpan o monte, e que á súa vez se convirte nunha festa capaz de xerar comunidade e compartir emocións e afectos.

Apuntei tamén a importancia que teñen as CMVMCs como reguladoras da biodiversidade e polo tanto da saúde das persoas máis aló dos perímetros destes montes e das comunidades que os xestionan. Sendo un exemplo dun posible código aberto no que a xestión ou creación dun ben común limitado por parte dunha comunidade repercute directamente noutras comunidades e, inevitablemente, nun común que é a biodiversidade.

Para finalizar expusen o bloque "cuartos escuros do mancomún", the dark side.
Comecei falando da falta de coñecemento da sociedade (e ás veces das propias persoas comuneiras) sobre o mancomún. Contei exemplos de como moitas veces as CMVMCs son mal usadas ou entendidas como espazos públicos, ou parcelados. Tamén exemplos de como as CMVMCs en ocasións sustitúen ao público, construíndo un centro social para a parroquia, instalacións deportivas ou mobiliario urbano.

Falamos dos problemas xerados polo capital, a través de dous exemplos:
O caso extremo de a morte adivinada de Martin Verfondern.
E o caso PortoCabral, #PrimaveradeCabral, conflicto que continúa aberto, no que parte da comunidade, coa "complicidade" do Concello de Vigo, están intentando vender ou "expropiar" de de maneira ilegal o monte, para a construcción dun "centro comercial e de ocio" de susposta "Utilidade pública" por parte da multinacional Eurofund.

Outra fonte de conflictos está na relación do mancomún co público, cos partidos políticos, e as posibilidades de corrupción que se abren dende os cargos institucionais do Concello e organismos forestais, e as presidencias ou cargos das comunidades.
Como exemplo falei dos consorcios coa Xunta que prometían unha xestión eficaz dos recuros madeirables do monte, e que levaron a moitas comunidades a unha débeda agora insostible .
O resultado é que as CMVMC que non podan pagar a débeda antes do 2018 van estar obrigadas a ceder a xestión dos terreos á Xunta. O que asemella outro descarado ataque dende o público a este tipo de xestión comunal.
Un tema que desgraciadamente está pasando totalmente desapercibido para a sociedade.

Falei tamén da pouca vontade da administración pública de visibilizar e apoiar o mancomún como un exemplo patrimonial de xestión comunitaria, de valorar os montes e o seu patrimonio material e inmaterial como un ben sociocultural e medioambiental, dos poucos datos aos que temos acceso e da pouca vontade de educar entorno a esta realidade.

Por último falei da falta de aopio e finanzamento desta comunidade impulsora que somos montenoso. Polo lado das institucións e entidades, e polo lado das propias comunidades, para que sexan capaces de entender e apostar por un proxecto sociocultural que pretende vertebrar e axudar ao empoderamento destas comunidades, pero que en principio non é un ben produtivo e produtor de capital económico.

Aquí tedes outro slide de Zemos98 onde podedes atopar a lectura feita das presentacións:
Agradecer á comunidade @montenoso a oportunidade de representala. Felicitar a @Zemos98 pola brillante producción e pola impecable labor de anfitrioas , e agradecer as persoas que participaron no encontro a sua disponibilidade e escoita.
algunhas das fotos son vía @Zemos98 ou participantes do evento.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.