• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Por que non é (legalmente) posible expropiar o Monte Veciñal en Man Común de Cabral para a construción do parque comercial de Porto Cabral

liñeiriños

 

Durante os últimos meses levan aparecendo na prensa e medios distintas informacións que falan da posible venda do Monte Veciñal en Man Común de Cabral para a construción do centro comercial e de ocio Porto Cabral. Dita venta faríase, segundo os medios varios, previo acordo dxs comuneirxs mediante aprobación en asamblea ou, en caso de que estes se negasen a vender, mediante expropiación forzosa. Dita afirmación repítese de diferentes maneiras(*), sen citar fontes nen lexislación, dando como verdadeiro este procedemento.
Toda esta serie de noticias están destinadas, pois, a que xs comuneirxs e veciñxs consideren como inevitable a súa venda por motivos de utilidade pública, e se suman ás numerosos vantaxes que supostamente a execución do proxecto producirían (numerosos postos de traballo creados, a repercusión sobre o comercio local, a afección ambiental, a instalación dun IKEA no complexo,…). Os medios están a espallar estas informacións directamente baseándose en notas de prensa sen telas contrastado e dan unha única visión da información resultado de entrevistas ós responsables das empresas, políticos, arquitectos do complexo,..
Neste texto afirmamos que, malia que a asamblea de comuneirxs de Cabral aínda non se ten pronunciado, calquer acordo de venda do Monte Veciñal debería ser desestimado diante dun tribunal (como xa se ten feito noutras ocasións) por ir en contra da Lei de Montes Veciñais en Man Común, por mor da imposibilidade de declarar o complexo de Porto Cabral como unha actuación de “Utilidade Pública”. Analicemos o caso:
Se acudimos á lei de Montes Veciñais en Man Común, atopamos que estes montes son “indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables” (artigo 2) polo que non é posible a súa venda, xa que son un patrimonio da comunidade de veciñxs que moran nese momento na parroquia que deberá ser trasmitida ós seus futuros titulares do mesmo xeito. Cómpre salientar que xs veciñxs destes montes non son propietarixs ao uso, se non titulares e xestorxs dunha propiedade mentres moren nese lugar. Unha vez estxs veciñxs deixan de ser moradorxs habituais da parroquia, perden a súa condición de comuneirxs e deixan de ser “propietarixs” do monte. Non son pois propiedades ligadas pola herdanza. se non polo uso, derivadas do dereito xermánico.
A lei, non obstante, introduce unha serie de excepcións á inalienabilidade do monte xa que “poderán ser obxecto de cesión temporal, en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuíto, para obras, instalacións, explotacións de diversa índole, servicios ou outros fins que redunden de modo principal no beneficio directo da Comunidade de veciños (…) A cesión poderá ser por tempo indefinido en favor de calquera das Administracións Públicas cando sexa destinada a equipamentos a prol da propia Comunidade, e en tanto se manteña o fin para o que foi feita a cesión.” (artigo 5 da lei de MVMC de Galicia). Así pois como Porto Cabral non pode ser unha cesión temporal con beneficio principal para a parroquia e tampouco pode tomarse como unha cesión por tempo indefinido para equipamentos a prol da comunidade, non é posible utilizar esta fórmula na súa posible venda para a construción do macrocentro de ocio.
A outra excepción sinálase no artigo 6 da citada lei na que se expón que “Os montes veciñais só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalentes ós dos propios montes veciñais.” Aquí é onde radica o obxecto de toda esta problemática. ¿Ten utilidade pública ou interese social prevalente o complexo Porto Cabral? Porque esta é a única causa pola que un Monte Veciñal pode ser expropiadoParece evidente que un parque comercial e de ocio non o ten e que ningún xuíz aceptaría tal definición. Existen sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se cuestiona mesmo a utilidade pública dun parque eólico fronte a explotación madereira ou gandeira dun monte veciñal (**), así que moito máis inxustificable parece a idea de que un parque comercial e de ocio con lago e pista de esquí poida prevalecer fronte a utilidade pública do monte veciñal.
Mais o proceso que aquí se está a intentar é algo máis complexo: comeza coa definición que fai o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Vigo do sector coñecido como Liñeiriños, no que se ubicaría Porto Cabral, e que ten asigando un desenvolvemento de tipo “público” polo sistema de “expropiación”. (Non todo o ámbito de Liñeiriños correspóndese co proposto para Porto Cabral. Liñeiriños ocupa un polígono de 1.508.069 m2 mentres que Porto Cabral apenas ten demandado unha cuarta parte desta superficie).
Deste xeito, como é de desenvolvemento público, ten que ser o propio Concello de Vigo quen inicie a expropiación do sector “Liñeiriños” (ou de unicamente unha parte, xa que o PXOM permite desenvolver o sector “por etapas”). No caso da área do sector coincidente co Monte Veciñal en Man Común de Cabral deberá argumentar o principio de “utilidade pública” ou “inteserese social prevalente” e basearse nas posibles infraestructuras ou equipamentos a realizar neste sector como pretexto expropiatorio. O seguinte paso que debería realizar o Concello de Vigo sería un Plan Parcial para o desenvolvemento da área na que se incluiría o solo clasificado e cualificado segundo as necesidades de Porto Cabral. Finalmente debería convocar un concurso público para a adxudicación dos terreos (non os pode adxudicar directamente a Eurofund Investments, o impulsor do proxecto) e, se non se presentase ningún outro operador, adxudicarllo.
Así, o proceso parte de que o propio PXOM asigna, nunha área dun Monte Veciñal en Man Común, un sector de desenvolvemento público no que non hai un interese público demostrado, (o que anularía ese sector do PXOM e implicaría a súa reformulación de ser levado aos tribunais); e continuaría, de ser xestionada do modo mencionado por parte do Concello, dunha actuación “a mala fe” xa que estaría expropiando baixo a figura de “utilidade pública” para logo vendelo para un uso que non ten dita utilidade. Deste modo podería entrarse no terreo da presunta prevaricación, xa que se estaría a impulsar un polígono cun fin suposto de utilidade pública ou de interese social prevalente a sabendas de que vai ser adxudicado a unha empresa  para realizar un parque comercial privado. (Un caso asimilable, aínda que non igual, é o da cidade deportiva de Valadares, xa chamada nos medios “do Celta” porque se quererían ceder terreos públicos, obtidos mediante expropiación a veciñxs de Valadares, á sociedade privada do R.C.Celta para a realización dun grande equipamento deportivo para a cidade: aínda que para isto sería necesario facer un concurso público aberto a todxs, os principais medios da cidade xa consideran que esta actuación pública cederíase de forma natural ao R.C.Celta por 50 ou 70 anos sen escandalizar a ninguén.)
Se este fose o escenario, sería un caso de lexislación feita ad hoc, realizada coa complicidade da empresa e da Administración, para promover o desenvolvemento dun parque privado fronte aos lexítimos intereses dunha institución de raigame en Galicia como son os Montes Veciñais en Man Común, que gozan da súa lexislación sectorial. Ningúnx xuízx debería admitir a declaración de Porto Cabral como de “utilidade pública ou de interese social prevalente”. Unicamente mediante os atallos expostos podería ser executado nun primeiro momento (co impacto ambiental consecuente no propio monte), mais finalmente debería ser desestimado nos tribunais. Pola súa idiosincrasia particular, un Monte Veciñal en Man Común non debería ser expropiado salvo en caso de utilidade pública manifesta.
[Ademais das repercusións ambientais e sobre o comercio local, o proxecto de Porto Cabral ten unha importancia estratéxica xa que a súa construción permitiría, polas cargas aplicadas ao sector de Liñeiriños no Plan Xeral, o inicio da cidade do deporte “do Celta” e da construción da “Ronda das parroquias”, que proxecta atravesar boa parte do rururbano vigués.]

 

——————————————————————————————————————————————————————————————————————-
 ——————————————————————————————————————————————————————————————————————
Anotacións:
*véxase: 
Faro de Vigo
  • 02.09.2007 El “nudo” de Puxeiros tiene a 90 minutos en coche una población que sólo superan Madrid y Barcelona 
  • 02.09.2007 Vinculación directa con la Cidade do Deporte en la zona de Valadares 
  • 16.11.2012 Concello y club apuntan hacia Valladares _Caballero,   Silva, Mouriño y Chaves se reúnen y  estudian ubicar las instalaciones   en la Ciudad del Deporte, cerca del  Parque Tecnológico – La entidad celeste lo ve “una alternativa más  factible”_
  •  23.02.2013 Un   grupo inversor inglés se interesa por Cabral para crear un   macrocomplejo de ocio y comercio Eurofund Investiments presenta en el   Concello  su plan para atraer 500 millones de euros – El   proyecto, similar a  Porto Venecia, plantea ocupar una cuarta parte de   Liñeiriños y ofrecer  187.000 metros de superficie alquilable
  • 23.02.2013 Ian Sandford, el ´mediador´ de Ikea
  • 24.02.2013 Los promotores de Porto Cabral  proyectan un vial paralelo a la AP-9 para   los accesos Eurofund  Investiments planea 9.000 plazas de aparcamiento   en el parque de  Liñeiriños
  • 01.03.2013 Ikea mantiene su interés por instalarse en Vigo pero no se plantea   participar en el plan de Liñeiriños La multinacional sueca todavía no  ha  decidido sobre su implantación en la ciudad aunque sigue en sus  planes
  • 03.03.2013 La junta de los comuneros apoya el proyecto de Porto Cabral y negociará con los inversores -La directiva respalda iniciar los contactos  con  los  promotores del complejo comercial E “Habrá un acuerdo”, confía el presidente de la entidad, que aclara que la asamblea tendrá la última palabra-
  • 06.03.2013 La ciudad del Celta en Valladares tendrá diez campos, centro de alto rendimiento y residencia El Concello reserva 235.000 m2 al lado del  vial de la Universidad y el Parque Tecnológico para el complejo    deportivo, que incluye edificio institucional, multiusos y la    posibilidad de un hotel – Las obras podrían arrancar a principios de 2015
  • 06.03.2013 Otra fase pendiente de 355.000 metros cuadrados dentro del mismo ámbito para dotaciones deportivas y de ocio
  • 08.03.2013 El  Celta califica de ´vital´ para su futuro la nueva ciudad deportiva y Caballero de ´hito histórico´ El club dará “máxima celeridad” al    proyecto  en Valladares al margen de los resultados del equipo –    Mouriño: “Recoge  los sueños de los últimos años” – El Concello prevé    completar la  tramitación urbanística en 20 meses
  • 08.03.2013 Una primera fase sin afectar a viviendas que se puede completar con un hotel y zonas de ocio  
  • 09.03.2013 El BNG apoya la ciudad del Celta siempre que se ejecute ´sin coste para el Concello´ 
  • 09.03.2013 Arenere: ´El entendimiento con los comuneros es total y ahora debe avanzar la   expropiación´ El directivo de Eurofund Investments,  promotora de Porto   Cabral, llega a un acuerdo con los dueños de  Liñeiriños – La venta   pactada de los terrenos será fijada por el  Concello
  • 09.03.2013Luis Rodríguez: ´Ayudaremos en los acuerdos con particulares´
  • 10.03.2013 Los   concejales de Zaragoza que tramitaron Porto Venecia se reúnen con el alcalde El teniente de alcalde aragonés y la edil de Infraestructuras visitaron ayer Vigo para prestar asesoramiento en el  desarrollo urbanístico Porto Cabral
  •  10.03.2013 Vigo y el Celta ligan su futuro en ValadaresPasado, presente y futuro del equipo valoran  el proyecto de la Ciudad del Deporte que se levan tará en los terrenos  de los parroquia viguesa
  • 11.03.2013 ´Puerto Venecia es trasladable a Vigo con consenso y sin polémica´ “Zaragoza atrae ahora público de Pamplona, Soria y Logroño”
  • 13.03.2013 Porto Cabral revertiría hasta 15 millones en Ciudad del Deporte, Ronda,   acceso a Peinador y Cotogrande Las cargas urbanísticas de Liñeiriños se   destinan, entre otras actuaciones, al ámbito Costa-Valadares
  • 14.03.2013 Los colectivos de Valladares piden al Concello que ´blinde´ las 40 casas   del entorno de la ciudad del Celta Caballero y Silva exponen el  proyecto  a los  representantes de la parroquia y el alcalde garantiza  que se  preservarán  las viviendas
  • 15.03.2013 Cita en Vigo para ´fijar patas´ al plan urbanístico
  • 15.03.2013 “Porto Cabral tendrá como eje central un gran lago con actividades y   restaurantes´ “El comercio local de Vigo no es el que más sufrirá, sino   los grandes centros obsoletos”
  • 16.03.2013 Los arquitectos de Porto Cabral tendrán un primer proyecto del complejo en tres meses Los técnicos de la empresa estudian con los  del Concello  el  encaje de la “ciudad” comercial y de ocio en el ámbito  de  Liñeiriños –  Galán: “Ahora ya pasamos a profundizar al detalle”
  • 19.03.2013 Javier Rivas, exgerente de Urbanismo, asesora a los promotores de Porto  Cabral  Eurofund Investments espera el visto bueno de los comuneros  para  expropiar en Liñeiriños
  • 26.03.2013 Urbanismo abre el proceso para delimitar el planeamiento del ámbito de Liñeiriños  Caballero y Silva revisan el proyecto con los promotores de Porto Cabral
  • 22 de marzo de 2013 La bujía: El lago de los bisnes
  • 20 de abril de 2013 A Ría non se Vende rechaza el proyecto de Porto Cabral
  •  22 de abril de 2013 Los comuneros votan sobre la expropiación de Liñeiriños para el proyecto Porto Cabral El presidente de la comunidad de montes  considera que la   mayoría está a favor del acuerdo – Ecologistas y  afectados se   manifestarán en el Ifevi
  •  22.04.2013 Ecologistas  y opositores de Liñeiriños boicotean la asamblea de los comuneros Un  grupo de 40 personas revienta la junta que  iba a decidir sobre las  expropiaciones de Porto Cabral – El presidente  de la comunidad de  montes convocará una nueva fecha
  • 22.04.2013 Decidirá la gente de Cabral, no la de Teis o Moaña apoyada por cuatro iluminados´
  •  23.04.2013 Luis  Rodríguez – Presidente de la Comunidad de Montes de Cabral´Hay que  proteger el cinturón verde de Vigo sin frenar el progreso de la  parroquia´ “La autopista generó una oposición radical y hoy en día no  conozco a nadie en contra”
  • 23.04.2013 El BNG apuesta por el ´diálogo´ para conocer las repercusiones
  •  23.04.2013 EU percibe una ´prisa sospechosa´ por aprobar las expropiaciones
  • 23.04.2013 ´Algo no se hace bien cuando ya hay un conflicto´, afirma el PP
La voz de Galicia:
  • 23 de febrero de 2013 Un fondo de inversión negocia un megacentro comercial en Vigo. El alcalde recibe «con agrado» el interés de Eurofound por Liñeiriños
  • 26 de febrero de 2013 Un lago, una pista de esquí y dos hoteles
  • 27 de febrero de 2013 El macrocentro comercial de Vigo prevé un Ikea y 5.000 empleos. El grupo británico Eurofund quiere 800.000 metros en Liñeiriños para invertir 1.300 millones 
  • 28 de febrero de 2013 El macrocentro comercial se decidirá en una asamblea de los comuneros de Cabral. El presidente del colectivo se compromete a defender el proyecto «si es bueno para la parroquia y para la ciudad»  
  • 01 de marzo de 2013 Los promotores de Porto Cabral recaban la bendición de la Xunta. Los directivos de Eurofund ya han explicado el proyecto del  macrocentro   comercial y de ocio al conselleiro de Economía, que se  mostró receptivo 
  • 02 de marzo de 2013  contrapunto Porto Cabral
  • 03 de marzo de 2013 La directiva de Cabral da vía libre al macrocentro comercial. A finales de abril una asamblea de comuneros tomará la decisión final
  • 10 de marzo de 2013 «Nuestro proyecto le va a cambiar la vida a Vigo, seguro» Los promotores de Porto Cabral se proponen abrir el complejo en el 2017
  • 10 de marzo de 2013 Cabral quiere más de 15 millones de euros por los terrenos del macrocentro   comercial         El precio del metro cuadrado superará el que tuvo que   pagar Aena a los comuneros, dueños de la mayoría de los terrenos    
  • 10 de marzo de 2013 Un proyecto  suprarregional. El fondo británico de inversión ficha al exgerente municipal de Urbanismo
  • 12 de marzo de 2013 Esquerda Unida se opone al macrocentro comercial de Cabral. Califica a Porto Cabral de «eloxio al exterminio do pequeno comercio» 
  • 22 de abril de 2013 Bloque  y Esquerda Unida se distancian del proyecto Porto Cabral. La  creación de un complejo de ocio se complica tras los incidentes en la  asamblea de comuneros del domingo
  • 22 de abril de 2013. Grupos  ecologistas revientan la asamblea de comuneros de Cabral. Escenificaron su protesta contra el proyecto de macrocentro  comercial         
  • 23 de abril de 2013. Cabral  blindará su asamblea para decidir sobre el macrocentro comercial y de ocio. Tras el boicot ecologista, los comuneros deciden reforzar  la seguridad         
 El País:
  • 11 mar 2007. ING prevé ganar 73,5 millones en una operación ligada al plan general de Vigo. El proyecto supone la expropiación de una zona de casi 1,5 millones de metros cuadrados. La comunidad de montes de Cabral es la mayor propietaria de Liñeiriños 
  • 18 mar 2007 ING lleva dos años negociando los terrenos de la mayor operación urbanística de Vigo. Lagares Ingeniería intermedia en la compra de 1,5   millones de metros cuadrados en Liñeiriños
  • 18 mar 2007. Una matriz de Finca do Conde también compra en Cabral
  • 8 may 2007 Porro presenta la Cidade do Deporte, que cubrirá toda la demanda en Vigo
  • 23 jul 2007 El plan general de Vigo recortará el proyecto de gran parque comercial ideado por ING
**Sentencia do Tribunal de Xustiza de Galicia. STSJ GAL 2020/2007
—————————————————————————————–
 [O interese público e o interese privado confúndense de xeito que o capital público custea ao privado baseándose nun soposto beneficio público, e perxudicando o interese privado dos comuneirxs, tanto dos actuais como dos que poidan formar parte no futuro da Comunidade de Montes de Cabral]

5 comments to “Por que non é (legalmente) posible expropiar o Monte Veciñal en Man Común de Cabral para a construción do parque comercial de Porto Cabral”

You can leave a reply or Trackback this post.
  1. Deixade de desinformar, queremos un futuro de prosperidade para a nosa cidade, adiante co proxecto de Porto Cabral.

  2. Otro de la cultura del “NO”.
    Te recuerdo muchos como tu???? Y proyectos que de ni llegar a realizarse, convertirían a Vigo en un pueblo de vacas y pescadores?????
    A nivel comercial os regantes a:
    El corte inglés…alcampo…carrefour…centro de a laxe….
    A nivel logístico:
    Puente de rande…autopista del atlántico…autovía Madrid….
    A nivel social, y servicios:
    Hospital meixoeiro…hospital Valladares…palacio de congresos….relleno de bouzas…depuradora Lagares…parkings:Rosalía, urzaiz, poliarpo Sanz….etc… Muelle deportivo de a lagoa, muelle deportivo de bouzas….
    NO SE OS EEBE HACER NI CASO.

  3. Mala información. Non se pode expropiar nada se non se tramita e aproba previamente un plan parcial para todo Liñeiriños. A tramitación do plan parcial debe levar aparellada a avaliación ambiental estratéxica…. mellor informaros ben de todo antes de escribir ao tun tun.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.