• RT @diarioliberdade: Aumenta atés 10 número de mortes nos incêndios de Portugal, 3 na Galiza: eucaliptais descontrolados por trás do desast…
  • RT @defensadaria: As causas son ben sabidas, como expresa aquí @OBichero, mais pasan os anos e en lugar de atallalas a Xunta agrávaas coa s…

Reivindicar un monte veciñal plantando árbores autóctonas.

A Asociación Montes Veciñais do Cha, convoca unha ocupación activa nos Montes do Cha (Ferrol) o sábado 12 de marzo, invitando a todxs xs interesadxs en colaborar na reinividicación do monte Cha como monte veciñal. A veciñanza de Brión e San Román de Doniños leva décadas loitando polo monte de seu e por iso organiza esta acción, co obxectivo de implicar á cidadanía na defensa do carácter comunal dese monte.

O monte Cha sitúase no cumio da montaña entre a entrada da ría de Ferrol e o val de Doniños. Conta con 230 hectáreas que na actualidade están xestionadas polo Concello de Ferrol.

A comunidade veciñal quere que o seu monte teña a mesma condición que outros tantos 3.000 montes veciñais en man común en Galicia, no que a propiedade do monte recae nos veciños e veciñas que residen de forma habitual nese territorio. Así poderían autoxestionar o monte dunha forma sustentable e entre todas as mans.
A través desta acción, a Asociación Monte Veciñal do Cha, convidannos a participar neste encontro que comeza ás 10:30 no lugar de O Confurco, entre Cariño e Doniños (Ferrol). Alí poderemos plantar acivros, carballos e outras árbores autóctonas, e todo bañado con música, un xantar e refrixerios para xs que colaboren con esta ocupación simbólica e temporal dun monte veciñal.
Apoiar este encontro supón acreditar no potencial desta comunidade veciñal, que leva moito tempo traballando en común e de forma activa pola recuperación dun monte que no pasado, dende tempos inmemoriables, era propiedade da comunidade veciñal do lugar.
De nós depende que os veciños e veciñas volvan poder autoxestionar o que é deles.
Apuntámonos?
+ info e contacto coa Asociación Montes Veciñais do Cha:
Montes do Cha no facebook

video

Cómo chegar:

Outros artigos de @montenoso sobre esta comunidade:
  Relato da III Xornadas do Monte Veciñal.
  Visita de Montenoso ao monte veciñal do Cha , na que relatamos máis de vagar en que consiste a súa reivindicación.

Has one comment to “Reivindicar un monte veciñal plantando árbores autóctonas.”

You can leave a reply or Trackback this post.

Escribe un comentario

Your email address will not be published.